Abrir o menú principal

Celestino García Romero

Celestino García Romero, nado en Boiro o 19 de xaneiro de 1855 e finado en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1929, foi un frade e escritor galego.

Celestino García Romero
Celestino García Romero.jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1855
 Boiro, Galicia Galicia
Falecemento18 de xaneiro de 1929 (73 anos)
 Santiago de Compostela, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
RelixiónCatolicismo
Ocupaciónescritor
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xesuíta dende 1880, fixo os seus votos definitivos o 2 de febreiro de 1892. Foi poeta en latín, castelán e galego. O seu poema galego máis coñecido é "Canto a Galicia", publicado en 1929 e traducido ao italiano. Escribiu as pezas teatrais Santa Liberata, drama histórico e a comedia A señá Tiburcia (estreada polo Colexio de Orfas de Santiago, 1920), así como poemas e contos en galego para rapaces, e algúns traballos arqueolóxicos.

En 2000 a editorial SEPT publicou o seu ensaio teolóxico Inferno e gloria, unha edición facsímile do manuscrito, que é o primeiro tratado teolóxico escrito en lingua galega. Deixou inéditas as obras Las lámparas del Apóstol e un ensaio lingüístico titulado Sobor do antiguo linguaxe do pobo gallego.

Colaborou en Ultreya. Publicou algúns traballos ensaísticos en lingua galega, coma "As reliquias de Sant Yago", "Un ourensán que n’e de esquencer" e "Defensa do protohistorismo do idioma gallego".

Entre os seus traballos ensaísticos en castelán están "Un templo primitivo en el Coto de Amoreira", "Una estación romana desconocida", "Las lápidas romanas de Ciudadela", "Memorias romanas de Cuntis", "Un libro de Galicia y un escritor gallego", "De re epigrafica. Inscripciones en las iglesias de Padrón y Pastoriza" e "Galicia y las Islas Británicas en tiempos remotísimos".

Tivo unha intensa actividade epistolar con historiadores coetáneos como César Vaamonde Lores.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar