Antonio García Varela

científico galego

Antonio García Varela, nado no Carballiño o 8 de agosto de 1875 e finado en Madrid o 30 de agosto de 1942, foi un científico galego.

Antonio García Varela
Nacemento8 de agosto de 1875
Lugar de nacementoO Carballiño
Falecemento30 de agosto de 1942
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidad Central
Ocupaciónbiólogo e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun avogado, fixo o bacharelato en Ourense e estudou ciencias naturais nas universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Madrid. Discípulo de Ignacio Bolívar Urrutia, en 1895 foi destinado á Estación de Bioloxía Mariña de Santander. Especializado en entomoloxía, especializouse nos hemípteros da familia dos redúvidos nos Museos de Ciencias de París e Berlín e doutorouse coa tese Redúvidos africanos.

En 1905 obtivo a cátedra de ciencias naturais da Universidade de Santiago de Compostela, onde transformou o Gabinete de Historia Natural en museo. En 1909 constituíu e Santiago unha delegación da Real Sociedade Española de Historia Natural, encargada de organizar coleccións de historia natural de Galicia. En 1919 obtivo a cátedra de fisioloxía vexetal da Universidade Central de Madrid, e dedicouse á botánica. Formou parte da Junta para a Ampliación de Estudos e tamén foi conservador do Museo de Ciencias Naturais de Madrid. En 1925 presidiu a Real Sociedade Española de Historia Natural e en 1930 foi nomeado director do Real Jardín Botánico de Madrid en substitución do seu mestre Ignacio Bolívar Urrutia, cargo que mantivo ate 1937.[1]

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, cidade que se negou a abandonar.[2] En 1938 foi elixido académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Morreu en 1942 sen ter tomado posesión. Tamén era membro da Societé Entomologique de France, da Societé Botanique de France e numerario da Academie International d'Histoire des Sciences.[3]

ObrasEditar

  • Redúvidos africanos, 1906.
  • Contribución al estudio de los hemípteros de África: notas sobre coréidos del Museo de Madrid, 1913.

NotasEditar

  1. Antonio García Varela no Álbum da ciencia
  2. Un sabio científico de O Carballiño en La Región
  3. Biografia na web da RAC