Tresminas é unha freguesía portuguesa do concello de Vila Pouca de Aguiar, no distrito de Vila Real. Nela consérvanse restos de importantes obras realizadas durante o Imperio romano.

Modelo:Xeografía políticaTresminas
Imaxe

Localización
Mapa
 41°28′52″N 7°31′05″O / 41.48114, -7.51808Coordenadas: 41°28′52″N 7°31′05″O / 41.48114, -7.51808
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Vila Real
ConcelloVila Pouca de Aguiar Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación528 (2001) Editar o valor em Wikidata (9,45 hab./km²)
Xeografía
Superficie55,85 km² Editar o valor em Wikidata

Piñeiral en Tresminas.

Xeografía editar

Está situada na Serra da Padrela, 15  km ao leste da capital do concello.[1] A freguesía ocupa unha superficie de 55,85  km² e tiña unha poboación de 415 habitantes en 2011,[2] cunha densidade de poboación de 7,4 hab/km². Inclúe no seu territorio os lugares de Covas, Filhagosa, Granja, Revel, Ribeirinha, Cevivas, Tresminas, Vales e Vilarelho.

Flora editar

A flora da rexión, rica en uces (Erica spp.), confire ao mel producido na zona un sabor característico que o torna moi apreciado. Esta influencia no seu mel tradúcese, tamén, nas súas cualidades terapéuticas específicas, destacando as propiedades antioxidantes, antirreumáticas, diuréticas e de protección contra os cálculos biliares. A pesar de existiren indicios de que o castiñeiro seria unha especie espontánea nesta rexión antes da chegada dos romanos, crese que a difusión do seu cultivo ocorreu co dominio romano.[3]

Lugares de interese editar

Os pincipais lugares dignos de visitar son a Igrexa romana de Tresminas e as minas romanas da Ribeirinha e Covas.

Poboación editar

Evolución da poboación 1864-2011[2]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
1014 926 902 828 928 831 938 1053 1256 1419 1222 946< 685 528 415
Distribución da poboación por grupos de idade en 2001 e 2011
Idade
0-14 15-24 25-64 > 65 0-14 15-24 25-64 > 65
2001
68 57 265 138 12,9 % 10,8 % 50,2 % 26,1 %
2011
37 30 195 153 8,9 % 7,2 % 47,0 % 36,9 %

Historia editar

A explotación romana do ouro en Tresminas iniciouse durante o reinado de Augusto (27 a.C.–14 d.C.), prolongándose até a segunda metade do século II, a época de Septimio Severo. A explotación foi feita principalmente polo sistema de cortaduras a ceo aberto, aínda que se identificaron galerías de explotación subterránea (Lagoinhos),[1] orixinando cráteres de grandes dimensións que, até hoxe, testemuñan na paisaxe o esforzo humano alí emprendido. Segundo Alarcão (1988),

«...tales desmontes só poden ter sido feitos por grandes grupos de operarios, cuxa contratación e vixilancia superaba a capacidade administrativa e financeira de un particular ou de unha pequena sociedade empresarial (...) e parecen ter exixido unha media de 2 000 obreiros traballando diariamente durante 200 anos».

O complexo mineiro comprende os filóns de Trasminas, Gralheria e Campo de Jales, sendo unha das maiores explotacións auríferas do Imperio romano. Existen tres cortaduras de explotación: a Cortadura de Covas, a Cortadura de Ribeirinha e a Cortadura de Lagoinhos,[1] [4] sendo as dúas primeiras de dimensóns considerabelmente superiores, atinxindo profundidades da orde dos 100 m. Transversalmente á orientación do filón, abríronse varias galerías.

Durante os séculos I e II foron explotados e tratados metalurxicamente, a escala industrial, minerais polimetálicos con elevadas taxas de ouro e prata. As actividades mineiras centráronse na extracción dos tres principais filóns auro-arxentíferos das cortaduras citadas, encaixados en formacións rochosas de xistos e granitos.[4]

Este complexo sistema de galerías pode hoxe, na maioría dos casos, ser visitada. Destinábanse ao transporte de materiais e ao escoamento das augas para a drenaxe das cortadas, razón pola cal presentan sempre un declive en relación á abertura, á superficie. Crese que parte do traballo do tratamento dos minerais ocorrese no interior das galerías. O abastecemento de auga era canalizado por medio de acuedutos, a partir do río Tinhela e da ribeira da Fraga. Descubríronse dous encoros romanos nos arredores da poboación de Tinhela de Baixo.

A antigüidade da presenza humana naquela zona refórzase pola existencia de pontes e estradas caracteristicamente romanas, así como pola existencia de castros mineiros (como, por exemplo, o Castro de Cidadelha de Jales, recentemente incluído nunha candidatura galaico-portuguesa a Patrimonio da Humanidade).[5]

O ouro alí obtido era destinado directamente a Roma, fundamentalmente para a cuñaxe de moedas de ouro ou aureus. Dado que estaban baixo administración estatal directa, existían destacamentos de soldados romanos destinados para velar pola seguridade do prezado metal: lexionarios da Legio VII Gemina, e unidades auxiliares como a I Cohors Gallica equitata civium Romanorum. É moi probábel que o distrito de Tresminas estivese ligado ao de Jales formando unha unidade administrativa: un territorium metallorum.[1] [4] Probabelmente este antigo territorium metallorum abarcaría toda a parte sur do actual concello de Vila Pouca de Aguiar: as freguesías de Tresminas, Alfarela e Vreia de Jales, así como algunhas áreas doutras freguesías limítrofes.[4]

Estímase que os romanos extraeron uns 20 000 kg de ouro en Tresminas, cos que seria posíbel cuñar cerca de 2 500 000 áureos, a moeda de ouro romana introducida polo primeiro emperador, Augusto.[3]

O Complexo Mineiro Romano de Tresminas foi declarado polo goberno portugués como ben de interese público.[4]

Desde hai sete anos celébrase en Vila Pouca de Aguiar un festival romano, cuxa próxima edición se celebrará probabelmente a mediados de xullo de 2018.[1]

Galería de imaxes editar

A construción de tres grandes encoros no río Támega e a protección do complexo mineiro editar

A compañía española Iberdrola investirá un total de 1,84 millóns de euros no complexo mineiro romano de ouro de Tresminas para contribuír á creación dun parque arqueolóxico. Segundo a compañía, este investimento —que comezou en 2016 e se estenderá até 2023, e no que participan medio cento longo de galegos— impulsará o valor histórico, patrimonial e arqueolóxico da rexión onde está construíndo un complexo hidroeléctrico no río Tâmega. O investimento da empresa española posibilitará a creación dun parque arqueolóxico no complexo mineiro, candidato a Patrimonio Mundial da UNESCO, e apoiará accións nas áreas de seguridade, investigación científica, conservación, xestión e ordenación do territorio e promoción turística. Iberdrola está desenvolvendo un complexo hidroeléctrico que constará de tres grandes presas, as de Gouvães, Tâmega e Daivões, que sumarán unha potencia instalada de 1 158 megavatios e producirán máis de 1 760 xigavatios-hora anuais. Cando estean en funcionamento, ditas centrais terán unha capacidade de almacenamento enerxético para abastecer a unha media de 300 000 hogares. Tal cantidade de enerxía adicional contribuirá a laminar o prezo da electricidade no mercado ibérico que xa comparten España e Portugal, e a reforzar a estabilidade do sistema de xeración.[6][7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar