Topacio
O topacio é un mineral silicatado de aluminio e flúor. Emprégase a miúdo como pedra preciosa e algunhas veces foi confundido co diamante: o chamado Diamante de Bragança, incluído como diamante na coroa portuguesa.
Topacio | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | Al2SiO4(F,OH)2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Nesosilicato |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Amarela, branca, incolora, azul ,verde, violeta, parda... |
Brillo | De vítreo a mate |
Dureza | 8 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta segundo a base |
Raia | Branca |
Densidade | 3,5 - 3,6 g/cm³ |


Etimoloxía
editarO nome "topacio" deriva do grego topazos ("buscar"), que era o nome dunha illa no Mar Vermello, segundo Plinio o Vello, difícil de encontrar e da cal se sacaba unha pedra amarela (actualmente sabido que era olivina amarelada). Na Idade Media, o nome topacio era usado para calquera xema amarela, mais actualmente o nome aplícase tecnicamente ao mineral aquí descrito.
Comercialmente inténtanse vender algunhas variedades de cuarzo con denominación de topacio.
Propiedades
editarCristaliza no sistema ortorrómbico coa fórmula xeral Al2SiO4(OH, F)2, indicando a paréntese arredor de OH e F que a proporción entre fluoruros F e hidróxidos OH pode variar nun amplo rango, aínda que a súa suma sempre será constante.
A súa densidade é de 3,5 - 3,6 g/cm³.
A súa cor é normalmente marela-acastañada; podéndose encontrar tamén exemplares con tons de ocre, azul, violeta, vermello ou, incluso, incoloro. Ademais, pode ser variada facilmente con medios artificiais: aplicando raios gamma ou feixes de electróns conséguense tonalidades pardas ou lixeiramente verdosas e quecéndoo obtéñense tonalidades azuis ou arroibadas.
Aínda que na escala de Mohs lle corresponde dureza de 8, fractura facilmente, sendo difícil de traballar.
Variedades
editarAs distintas variedades distínguense pola cor, que varía segundo a presenza máis ou menos importante do flúor, podendo ser de moi diversas cores.
As máis estimadas son, o topacio imperial de cor alaranxada, o topacio oriental ou zafiro amarelo e o incoloro.[1]
Depósitos
editarAtópase habitualmente en forma de cristais prismáticos crecidos en ocos que están unidos coa rocha troncal. Ademais existe unha variante masiva ou granulosa. Normalmente áchase acompañado de berilio, turmalina e apatita en rochas ácidas magmáticas como as permatitas. Tamén se encontra nos gneises.
Algunhas das reservas máis importantes encóntranse no Brasil, República Checa, Saxonia, Noruega, Suecia, o Xapón, México, Sri Lanka, Birmania, Paquistán e os Estados Unidos.
Usos
editarAlgunhas variedades empréganse en xoiería e son moi estimadas polos coleccionistas e tamén se empregan na industria cerámica.
Notas
editar- ↑ Topacio no Rincón del Vago Arquivado 19 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Topacio |