Toño Núñez

mestre e escritor galego

Xosé Antón Núñez Álvarez, coñecido como Toño Núñez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un mestre e escritor galego.

Toño Núñez
Nacemento18 de xaneiro de 1959
 Navia de Suarna
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
EstudosMaxisterio
Na rede
AELG: 340
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio e, despois de ter traballado coma mestre infantil durante máis de 20 anos,[1] pasou a exercer como mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).

No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.[2]

Foi compoñente do Conxunto Vocal Lugh e do Coro do Hospital, dirixidos por Fernando Gómez Jácome.[3]

En 2018 estreou o proxecto A gotiña viaxeira, con Miguel Anxo Macía e Fran Muinelo.[4]

Obra editar

Literatura infantil editar

Os Balbinos editar

Con Carlos García Porral publicou en 2020 en Ed. Fervenza a colección Os Balbinos, en galego, castelán e inglés, con ilustracións de Gabril Iglesias Sanmartín:[5]

Narrativa editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

  • 1º Premio Buril das Letras Galegas (1986). Con Da morte e da vida,
  • Relatos de verán (2002). La Voz de Galicia. Con Cereixas bravas.
  • Cento sete marés (2003). Esmelgar, Arte e Comunicación. Lugo. Poema Radiografía.
  • Relatos de verán (2004). La Voz de Galicia. Con A gata.
  • Relatos de verán (2005). La Voz de Galicia. Con Desacougo.
  • Dez anos, dez historias (2007). Librería Trama, Lugo. Con Volverei?
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo. on Rapsodia temporal.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011). Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
  • Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar. Poemas Latexos de amor, desamor e desacougo.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015) Libro electrónico). Con Ai, Rosalía.

Premios editar

  • Gañador do I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, Burela (1986)
  • Accésit no IV Concurso de Contos Casa da Xuventude, Ourense (1987)
  • Mención Especial no Concurso Literario Concello de Culleredo (1987)
  • Mención de honor no Concurso Literario da Asociación "Meigas e Trasgos" (apartado de prosa), Sarria (1987)
  • Gañador do Segundo Premio do IV Certame de Narración Curta Ánxel Fole, Lugo (2000)
  • Gañador do Segundo premio do V Certame de Narración Curta Ánxel Fole, Lugo (2001)
  • 2º Premio Revista "A Pipa" de relato convocado pola asociación "A Pipa", Becerreá (Nadal 2006)
  • 1º Premio Revista "A Pipa" de poesía convocado pola asociación "A Pipa", Becerreá (Nadal 2006)
  • Accésit “A Pipa” 08 de Relato. Certame convocado pola Asociación Cultural “A Pipa” de Becerreá (Nadal, 2008).[3]

Outras referencias culturais editar

Música editar

  • En 2019 editouse o disco do libro homónimo Poemas de amor en outono[6], coa voz de Xoán Eiriz e a música de Nacho Varela, con dez poemas do autor.

Notas editar

  1. "Núñez, Toño". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-16. 
  2. "Toño Núñez". www.aelg.gal. Consultado o 2023-07-16. 
  3. 3,0 3,1 "Xosé Antón Núñez Álvarez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-07-16. 
  4. M. Guntín, María (2018-12-21). "Toño Núñez: «É un proxecto ambicioso feito por xente de Lugo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-16. 
  5. "Toño Núñez - Edicións Fervenza". www.edicionsfervenza.es. Consultado o 2023-07-16. 
  6. ""Poemas de amor en Outono", Xoán Eiriz". 26/12/2019. Consultado o 04/09/2022.