Tiberio Ávila

político español

Severino Tiberio Alonso Ávila Rodríguez, nado en Viana do Bolo o 28 de outubro de 1843 e finado en Barcelona o 15 de xullo de 1932, foi un farmacéutico, pintor, xurista e político republicano galego.

Infotaula de personaTiberio Ávila

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Tiberio Ávila Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 1932 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro de Barcelona
1901 –
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Barcelona
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
← Aurelio Enríquez González
Circunscrición electoral: Comarca de Valdeorras
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , pintor , farmacéutico , avogado , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de Belas Artes de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Centralista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Manuel Alonso Ávila e Eduvixes Rodríguez. Emigrou a Madrid para estudar Farmacia e traballar no Hospital de la Princesa. Trala revolución de 1868 Sagasta organizou unha poxa pola súa farmacia e Tiberio ficou desempregado. Aproveitou a situación para licenciarse en Dereito civil e canónico, ao tempo que estudaba arte na Real Academia de Belas Artes de San Fernando cunha bolsa da Deputación de Ourense. Foi compañeiro de Antoni Maura i Montaner e José Sánchez Guerra y Martínez. Fíxose amigo de Amadeu I de Savoia logo de facerlle un retrato, e trala súa abdicación fíxose republicano, sendo escollido deputado polo distrito de Valdeorras nas eleccións xerais de 1873. Nesa época foi secretario de Nicolás Salmerón, e participou nunha iniciativa parlamentaria para prohibir as corridas de touros.

 
Tiberio Avila no seu obradoiro.

Trala caída da Primeira República Española e a restauración borbónica instalouse en Barcelona como profesor da Escola de Belas Artes, onde permaneceu até a súa xubilación en 1931. O 8 de novembro de 1891 foi elixido académico de número da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi, da que foi tesoureiro entre 1899 e 1913[1]. O 7 de abril de 1892, xunto a Francisco Bastón i Cortón, fundou o Centre Gallec de Barcelona. Foi escollido novamente deputado de Unió Republicana por Barcelona nas eleccións de 1893, e foi un dos artífices da construción do Hospital Militar de Barcelona. Tamén foi elixido concelleiro de Barcelona en 1895. Entre 1895 e 1896 foi profesor de anatomía pictórica na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde tivo como alumno a Pablo Picasso[2][3]. O 12 de abril de 1923 foi elixido académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, polo que deixou a súa praza na correspondente catalá[1].

O 11 de febreiro de 2011 unha sala da torre da homenaxe do castelo de Viana do Bolo recibiu o nome de Sala Severino Tiberio Ávila, dedicada a albergar un pequeno museo sobre a súa figura[4].

Vida persoal editar

Na década de 1870 casou con Camila Bernabeu e tivo cinco fillos: Manuel, Óscar, Luis, Esther e Alicia Ávila Bernabeu[5].

Obra escrita editar

 
Portada de Anatomía y fisiología para uso de los artistas.
  • Consejos dirigidos á los alumnos premiados por el académico Profesor Numerario de la Escuela Oficial de Bellas Artes Dr. D. Tiberio Ávila y Rodríguez en la sesión pública celebrada el 27 de Diciembre de 1896 (1896), Barcelona; impreso na Imprenta Barcelonesa.
  • ¿Conocieron los antiguos griegos la Anatomía y la Fisiología con aplicación á las Bellas Artes? Discurso leído por D. Tiberio Ávila y Rodríguez Profesor de la escuela y Académico en la sesión pública celebrada en 9 de Marzo de 1902 (1902), Barcelona; impreso na Imprenta Barcelona. 19 páxinas.
  • Anatomía y fisiología para uso de los artistas. Tomo I (1905), Barcelona; editado pola Academia Provincial de Bellas Artes; impreso en Fidel Giró Impresor. Prólogo do profesor Luis Comenge. 200 páxinas. Publicitado na revista mensual Galicia en Cataluña do Centro Galego de Barcelona
  • Reglamento interior de la Escuela de Artes y oficios y Bellas Artes de Barcelona (1911), Barcelona; impreso na Tip. Boada.
  • Anatomía y fisiología para uso de los artistas. Tomo II (1913), Barcelona; impreo en Fidel Giró Impresor. Publicitado na mesma revista que o Tomo I.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Currículo no sitio web da Real Académia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 07 de abril de 2015. 
  2. Reportaxe de Marcos Doespiritusanto "El profesor gallego de Picasso", El País, 22-3-2011 (en castelán).
  3. La Vanguardia, 24-10-1971, p. 3.
  4. José Cruz Viana "La obra de Tiberio Ávila llega a la torre de su Viana natal", La Región, 12-2-2011 (en castelán).
  5. La Vanguardia, 16-7-1932, p.2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carrete Rivera, Manoel e Cougil, Xulio: Tiberio Ávila, un ourensán de Viana. Deputación de Ourense; 2010. 195 p. ISBN 84-692-8087-2.
  • Rodríguez Samaniego, Cristina: L’Anatomia artística a l’Escola de Belles Arts de Barcelona. Els casos de Jeroni Faraudo (1823-1886) i de Tiberio Ávila (1843-1932). Edición da Real Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi, no Butlletí XXVI; 2012. Páxinas 63-79.

Ligazóns externas editar