Tarsius tarsier

(Redirección desde «Tarsius spectrum»)

Artigo principal: Tarsiiformes.

Tarsius tarsier (Erxleben, 1777), moitas veces citada como Tarsius spectrum (Pallas, 1778),[2] é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme e da súa única familia, a dos tarsíidos,[3] que é o tipo do xénero Tarsius. Vive na illa indonesias de Selayar, e coñécese na bibliografía internacional como tarsio fantasma.

Tarsius tarsier
Tarsio fantasma
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Tarsiiformes
Familia: Tarsiidae
Xénero: Tarsius
Especie: T. tarsier
Nome binomial
Tarsius tarsier
(Erxleben, 1777)
Distribución deTarsius tarsier. (Inclúe á de Tarsius fuscus, especie recentemente separada da anterior).
Distribución deTarsius tarsier.
(Inclúe á de Tarsius fuscus,
especie recentemente separada da anterior).

Distribución deTarsius tarsier.
(Inclúe á de Tarsius fuscus,
especie recentemente separada da anterior).

Até hai poucos anos incluíanse nas súas poboacións, ademais de na illa de Selayar, as do suroeste da illa Célebes, pero recentemente separáronse estas últimas nunha nova especie, Tarsius fuscus.[4]

Taxonomía

editar

Unha taxonomía complicada

editar

A clasificación dos tarsios foi, durante moito tempo, confusa. Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.[5]

Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,[6] para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).[5]

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Erxleben, en Syst. Regni Anim., I. Mammalia: 71.[3]

Sinónimos

editar

Ao longo do tempo, a especie foi coñecida tamén polos sinónimos seguintes:[3]

  • Tarsius buffonii (Link, 1795)
  • Tarsius daubentonii Fischer, 1804
  • Tarsius fischerii Desmarest, 1804
  • Tarsius fuscomanus Fischer, 1804
  • Tarsius fuscus Fischer, 1804
  • Tarsius macrotarsos Schreber, 1778
  • Tarsius pallassii É. Geoffroy, 1796
  • Tarsius podje (Kerr, 1792)
  • Tarsius spectrum (Pallas, 1778)

Etimoloxía

editar

O nome específico, tarsier, é unha voz do latín científico derivada do francés tarsier, "tarsio", que á súa vez esta tirado do latín tarsus, e este do grego antigo "esteira de vimbio", "ampla superficie plana"[7][8] ou, talvez, de tarse co sufixo -ier (e tarse do grego antigo ταρσός tarsós, "fileira dos dedos do extremo do pé", "tarso",[9] que é o máis plausíbel.

O outro nome específico, spectrum, co que moitas veces se cita, é unha voz latina que significa "imaxe, aparición, espectro".[10]

Características

editar
 
Lámina de Tarsius spectrum (Geoff.), vulgo "mago ó tarsiro espectro", no
Bosquejo geográfico é histórico-natural del archipiélago Filipino,
do enxeñeiro agrónomo español Ramón Jordana y Morera (1885).

Cando se consideran incluídas as poboacións de Tarsius fuscus dentro de T. tarsier, as femias pesaban entre 102 e 114 g, mentres que o peso dos machos era de entre 118 e 130 g. A lonxitude da cabeza e o tronco é de 9,5 a 14 cm, e a cola mide entre 20 e 26 cm.[11]

A media de vida na natureza crese que é que de 10 anos; porén, o tarsio de Horsfield, estreitamente relacionado co fantasma, pode vivir até 17 anos en catividade, e pénsase que o tarsio fantasma pode ter unha lonxevidad similar.[11]

O tarsio fantasma mostra adaptacións extremas para aferrarse verticalmente, gabear e desprazarse saltando no seu hábitat adecuado, o sotobosque dos bosques tropicais, a miúdo a 2 m ou menos do solo, aínda que, aparentemente, menos que outros tarsios, como o tarsio filipino ou o de Horsfield, xa que, por exemplo, carece de dedos adhesivos.

Pénsase que o seu ámbito ou área de vida é de ao redor dunha hectárea ou menor.[12][13]

Hábitat e distribución

editar

A área de dispersión dos tarsios fantasmas circunscríbese a Indonesia, concretamente son endémicos da illa Célebes, das próximas illas Buton, Muna, Kabaena, Selayar e as illas Togian. Nelas están presentes até altitudes de 1 100 a 1500 m sobre o nivel do mar.[14][15]

É moi probábel que as súas poboacións estean subdivididas en numerosas subespecies alopátricas (insulares) e parapátricas, segundo algunhas hipóteses recentes.[14][15]

De acordo con diversos estudos, este taxon encóntrase en bosques primarios (virxes), secundarios (afectados pola man do home), mangleiros, cultivos e xardíns, así como nunha certa variedade doutros hábitats con diferentes graos de perturbación humana, pero que subministren cobertura arbustiva adecuada.

Comportamento

editar

Son primates de hábitos nocturnos, que viven en grupos pequenos de 2 a 6 individuos, de costumes monogámicas ou poligámicas.[12]

A súa dieta componse nun 100 % de presas animais vivas (son carnívoros), fundamentalmente insectos (insectívoros) e, ocasionalmente, algúns pequenos vertebrados, como roedores e réptiles.[13]

  1. Shekelle, & Salim, A. (2008): Tarsius tarsier na Lista vermella de especies ameazadas da UICN- Versión 2015-4. Consultada o 19-02-2016.
  2. Tarsius spectrum (Pallas, 1778) Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 29th January 2016. Species 2000. ITIS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Tarsius tarsier en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World.
  4. Groves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082.
  5. 5,0 5,1 Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. London / New York: Routledge. ISBN 978-0-1318-9332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
  6. Tarsiidae en MSW.
  7. tarsier en wordreference.com.
  8. tarsier Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en memidex.com.
  9. etimoloxía de tarse no Trésor de la langue française informatisé.
  10. spectrum en Online Etymology Dictionary.
  11. 11,0 11,1 Mogk, K. (2012): Tarsius tarsier, en Animal Diversity Web.
  12. 12,0 12,1 Kappeler, P. M. (2011): "Chapter 2: The Behavioral Ecology of Strepsirrhines and Tarsiers Evolution of Primate Societies" en J. C. Mitani, J. Call, P. M. Kappeler, R. A. Palombit & J. B. Silk, eds. The Evolution of Primate Societies. Chicago: The University of Chicago Press. pp. 17–42. ISBN 978-0-2265-3172-4.
  13. 13,0 13,1 Bloomberg, P. T. (2014): Criaturas Fascinantes: Mono tarsero y Ornitorrinco. Bloomington, Indiana, USA: Palibrio. ISBN 978-1-4633-7615-4.
  14. 14,0 14,1 Shekelle, M. & Leksono, S. M. (2004): "Conservation strategy in Sulawesi Island using Tarsius as Flagship Species" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Biota IX (1): 1-10.
  15. 15,0 15,1 Brandon-Jones, D.; Eudey, A. A.; Geissman, T.; Groves, C. P.; Melnick, D. J.; Morales, J. C.: Shekelle, M. & Stewart, C. B. (2004): "Asian primate classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97–164.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004):

"Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo.

  • Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, UK & Nova York, EEUU: Academic Press. ISBN 0-1217-2550-2.
  • Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X.
  • Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
  • Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, EEUU: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292.
  • Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar