Artigo principal: Tarsiiformes.

Tarsius fuscus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius, coñecida na bibliografía internacional, entre outros, co nome de tarsio de Macasar, que habita en Indonesia ao suroeste da illa de Célebes.[1]

Tarsius fuscus
Tarsio de Macasar
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Tarsiiformes
Familia: Tarsiidae
Xénero: Tarsius
Especie: T. fuscus
Nome binomial
Tarsius fuscus
Fischer, 1804
Área de dispersión de Tarsius fuscus, na provincia de Macasar (península do Sur da illa Célebes)
Área de dispersión de Tarsius fuscus, na provincia de Macasar (península do Sur da illa Célebes)

Área de dispersión de Tarsius fuscus, na provincia de Macasar (península do Sur da illa Célebes)
Sinonimia

Nalgún momento foi considerado un sinónimo do tarsio fantasma (Tarsius tarsier); porén, ao restrinxirse a distribución desta especie á illa Selayar, a poboación remanente clasificouse como T. fuscus.[2]

Taxonomía editar

A clasificación dos tarsios, en xeal, e especialmente a dos que habitan na illa de Célebes foi, durante moito tempo, confusa.[1][3]

Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.[3]

Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,[4] para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).[3]

Máis tarde, a especie da que nos ocupamos foi descrita en 1804 por Fischer, sendo despois denominada, en 1812, por Geoffroy, Tarsius fuscomanus e, en 1846, por Burmeister, Tarsius fischeri.[5]

En 1953, Hill concluíu que a distribución xeográfica do espécime tipo de Tarsius spectrum era a provincia de Makasar, na península do Sur da illa Célebes. Como consecuencia, Hill concluíu que T. fuscus era un sinónimo máis moderno de T. spectrum.[1] Porén, recentemente estableceuse que T. spectrum era un sinónimo máis moderno de Tarsius tarsier.[6]

Finalmente, en 2010, Groves restrinxiu a especie T. tarsier á poboación existente na illa Selayar, recuperando o nome Tarsius fuscus Fischer, 1804, para os tarsios das provincia de Makasar, como especie diferente.[2]

Características editar

Tarsius fuscus ten polo xeral unha pelaxe de cor parda avermellada. A longa cola, espida, rematada nunha guedella pelos de cor negra, representa entre o 143 % e o 166 % da lonxitude corporal. O cranios e os arcos dentarios máis curtos que a maioría dos outros tarsios. Tamén as patas traseiras son máis curtas que na maioría dos outros tarsios.[2]

Bioloxía editar

Como todas as especies de tarsios é un animal nocturno e arborícola. Así mesmo, como todas as especies do xénero Tarsius relacionadas, T. fuscus é exclusivamente carnívoro e insectívoro e, en xeral, captura ás súas presas saltando sobre elas.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Groves, C. (2003). "The Tarsiers of Sulawesi". Tarsiers: past, present, and future. Rutgers University Press. pp. 179–180. ISBN 9780813532363. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Groves, C. & Shekelle, M. (2010). "The Genera and Species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082. doi:10.1007/s10764-010-9443-1. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
  4. Tarsius en MSW'.
  5. Grusky, Sharon L. (2016): The Specttral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
  6. Croves, C. (2005) "Tarsium spectrm" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds.: Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference.
  7. Schwartz, J. H. (2003). "How Close Are the Similarities between Tarsius and Other Primates". Tarsiers: past, present, and future. Rutgers University Press. pp. 50–51. ISBN 978-0-8135-3236-3. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004):

"Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resume.

  • Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-12-172550-2.
  • Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA & Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X.
  • Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
  • Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-07-909508-9.
  • VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292.
  • Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, Nova Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos editar