Susana Sanches Arins
profesora, escritora e crítica literaria galega
(Redirección desde «Susana Sánchez Aríns»)
Susana Sanches Arins, nada en Vilagarcía de Arousa o 11 de maio de 1974, é unha profesora, escritora e crítica literaria galega.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1974 (50 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Formación profesional | Filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario, escritora, crítica literaria |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no Ensino Secundario Obrigatorio. É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.[1] Colabora co xornal dixital Praza Pública.[2]
Obra
editarPoesía
editar- [de]construçom, Espiral Maior, 2009.
- Aquiltadas, Estaleiro, 2012.[3]
- A noiva e o navio, Através Editora, 2012.
- Carne da minha carne, Apiario, 2018.
Narrativa
editar- seique, Através Editora (2015). Foi traducida ao castelán.[4] (2ª ed. 2020)
- Cinco corujas (2023). Através Editora, 100 páxs. ISBN 978-84-16545-88-9
Poesía / Narrativa
editar- Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018
Obras colectivas
editar- Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015, Arredista Edicións.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
editar- XXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, no 2008, por [de]construçom.
- Votado como o mellor poema editado en 2018 no certame aRitmar de 2019.[5]
- Premio de Narrativa na V Gala do Libro Galego (2020) pola 2º ed. revisada de seique.
Notas
editar- ↑ "Poesía árabe e galega “en clave feminista” para abrir o ciclo Poetas Di(n)versos". Sermos Galiza. 15 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2018. Consultado o 16 de outubro de 2018.
- ↑ "Susana Sanches Arins". Praza Pública. Consultado o 6 de marzo de 2019.
- ↑ Aquiltadas
- ↑ "Dicen". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Susana Sánchez Aríns e Marta Chaves gañan na 'primavera poética' de aRi(t)mar 2019". Sermos Galiza. 11 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 16 de maio de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "dedoscomovermes: caderno de bitácula de susana sánchez arins.". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 20 de xuño de 2018.
- Como pam da boca, blog do libro Aquiltadas, blog do libro A noiva e o navio
- Perfil en As escollas electivas
- Entrevista no xornal dixital Vieiros o 11 de novembro de 2008.
- Entrevista no Portal Galego da Língua o 19 de xaneiro de 2010.
- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública o 9 de novembro de 2018.