Implicadas no Desenvolvemento

Implicadas no Desenvolvemento é unha organización feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 en Galicia que traballa na procura da igualdade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable.[1] Foi fundada pola escritora e intérprete María Reimóndez[2] e forma parte da Coordinadora Galega de ONGD.[3]

Implicadas no Desenvolvemento
editar datos en Wikidata ]

Obxectivos e accións editar

Implicadas entende a loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do norte en busca de espazos para que a cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poidan tomar decisións sobre as súas vidas. Defende que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres; que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio; que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación.

Por todo iso, traballa para superar primeiro a discriminación que padecen as mulleres con distintas accións: traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento; abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais.

Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito e pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur.[4]

Publicacións editar

Libros: editar

  • O son as buguinas (2007). Libro e DVD solidarios.

O proxecto O son das buguinas, xermolouse como unha das respostas de IND á tsunami do 26 de decembro de 2004 na India e noutros países de Asia. IND realizou un chamamento solidario a diversoas narradoras/es co obxecto de editar un libro solidario que axudase a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as tráxicas consecuencias desta catástrofe.O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental sobre o labor de IND en Tiruchy (India ) e Abdis Abeba (Etiopía), unha película de animación sobre o labor das ONGs e as políticas de voluntariado e cooperación, un documental sobre a tsunami e un xogo interactivo sobre a cooperación [5]

  • Vanakkam/ Benvidas (2007). Poemario de autoras tamiles e galegas

Libro e CD solidarios que recolle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez).[6]

  • As que rubimos montañas (2012). Poemario de autoras etíopes e galegas

Libro solidario que recolle poemas de autoras etíopes (Yemoddish Bekele; Mihret Kebede; Tigist Mitiku; Misrak Tefere; Azeb Yosef; Abebech Diriba) e galegas (María Reimóndez; Antía Otero; Lucía Aldao; Estíbaliz Espinosa; Marga do Val; María Lado; María do Cebreiro).[7]

Audiovisuais: editar

  • A semente: India e Etiopía (2006). Documental, dirixido por María Reimóndez[1]

Está formado por dúas curtametraxes localizadas na India e en Etiopía respectivamente. O traballo trata o tema do microcrédito, unha metodoloxía de traballo en cooperación ao desenvolvemento. As dúas curtas parten, ademais, da solidariedade feita dende Galicia a través da organización galega Implicadas no Desenvolvemento.

  • Cambia de papel (2013). Documental codirixido polo actor Luís Tosar, a escritora María Reimóndez e a cineasta támil Kutti Revathi[2]

Na obra, o actor galego Luis Tosar viaxa ata Támil Nadu, na India, para facer un obradoiro de teatro “con mulleres poderosas que intentan cada día cambiar unha realidade inxusta”, e de diferentes mulleres, como Saritha, Vanitha e Premalatha, que nalgún momento da súa vida padeceron as duras consecuencias da discriminación de xénero nese país. O audiovual recolle os efectos positivos nesta comunidade do traballo de Implicadas polo Desenvolvemento e doutras organización de cooperación en eidos como a erradicación do infanticidio feminino, o control da natalidade, a sexualidade e outros aspectos en prol da igualdade de sexos.[8]

Unidades didácticas: editar

  • Unidade didáctica Vanakkam/ Benvidas. Acompaña o libro Vanakkam-Benvidas e pretende axudar ao profesorado de 3º e 4º da ESO a traballar co libro e en concreto traballar aspectos relacionados co xénero, a interculturalidade e situación sociocultural de Tamil Nadu, na India.[9]
  • Unidade didáctica Auga para Etiopía
  • Unidade didáctica Clubs de cooperación

Festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria editar

Desde o ano 2005[10], Implicadas/os no Desenvolvemento organiza este festival na temporada de Nadal. Trátase dunha cita anual coa cultura e a solidariedade, xa que é un espectáculo no que se intercala música, teatro, danza e literatura, con audiovisuais sobre o traballo que leva a cabo Implicadas no Sur e en Galicia.[11]Celébrase para dar a coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, os seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento e as actividades de concienciación. As artistas colaboran de xeito desinteresado e os cartos recadados destínanse integramente a financiar os proxectos de cooperación que a organización está a desenvolver.[12]

Recoñecemento editar

En 2018 foi recoñecido o seu labor a prol da igualdade pola Deputación da Coruña co Premio Begoña Caamaño.[13] O xurado recoñeceulle "unha traxectoria sólida de vinte anos no ámbito da cooperación cultural, con proxectos de especial interese no encontro de culturas" ao tratarse dunha "proposta que crea pontes culturais mediante a relación de actividades de Galicia con colectivos do Sul, poñendo en cuestión as relacións de poder e hexemonía cultural".[14]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Quen somos". Implicadas. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Leyenda, Alberto (2013-04-09). "Luís Tosar cambia de papel y se pone tras la cámara". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-02. 
  3. "Implicadas no Desenvolvemento". Praza Pública. Consultado o 11 de outubro 2018. 
  4. "Implicadas/os no Desenvolvemento". www.findglocal.com. Consultado o 2020-11-02. 
  5. Aleixandre, María Pilar Jiménez; Bernárdez, Ánxeles Alfaya; Alonso, Fran; Díaz, Rosa Aneiros; Paz, Agustín Fernández; Meilán, María Reimóndez; Ruíz, Dolores (2007). O son das buguinas. ISBN 978-84-9782-515-3. 
  6. "Libros – Páxina 4". curtisbiblio.wordpress.com. Consultado o 2020-11-02. 
  7. "Implicadas presenta "As que rubimos montañas"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-02. 
  8. "'Cambia de papel' para fomentar a igualdade, Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-11-02. 
  9. "Concello de Vigo: Concellería de Igualdade". www.igualdadevigo.org. Consultado o 2020-11-02. 
  10. "Implicate: noite de música e palabras solidarias - Noticias. Concello de Santiago de Compostela". www.santiagodecompostela.gal. Consultado o 2020-11-02. 
  11. "Implícate!, Espectáculos en Santiago de Compostela – Ocio en La Opinión A Coruña". ocio.laopinioncoruna.es. Consultado o 2020-11-02. 
  12. "'Implícate' traerá unha noite de música, danza e palabra solidaria a Compostela". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-02. 
  13. Galiza, Sermos. "A Deputación premia o labor pola igualdade de Implicadas no Desenvolvemento". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-29. 
  14. ""Implicadas no Desenvolvemento" e "Elas tamén pintan" gañan o Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña". EL NOTICIERO DE ARTEIXO (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar