Sociedad Hijos de Silleda
A Sociedad Hijos de Silleda foi unha sociedade de emigrantes galegos do concello de Silleda na Arxentina, fundada en 1908.
Sociedad Hijos de Silleda | |||
---|---|---|---|
Tipo | asociación ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Data | |||
Fundación | 1908 ![]() | ||
Localización | |||
País | Arxentina ![]() | ||
Sede | Buenos Aires ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarFundada en 1908 por Victoriano Souto, Antonio Carballo e Antón Alonso Ríos, creou tres escolas noutras tantas parroquias do concello: no ano 1917 inaugurouse a Escola Rosalía de Castro no lugar de Freixeiro (Laro); posteriormente, abriu a Escola Bernardino Rivadavia na Penadauga (Escuadro), e por último a Escola Francisco Giner de los Ríos no Marco (Siador)[1]. Foi unha das sociedades promotoras en 1921 da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
O 15 de agosto de 1933 celebrouse na serra do Candán unha festa para conmemorar o XXV aniversario da sociedade, organizado pola corporación municipal de Silleda, a delegación de Hijos de Silleda e as sociedades agrarias do concello. No acto participaron Ramón de Valenzuela, Ramón Suárez Picallo, Eduardo Blanco Amor e Antón Alonso Ríos.
No ano 2009 o goberno municipal de Silleda cambiou a denominación do tramo final da rúa Arxentina por rúa Sociedad Hijos de Silleda[2].
Notas
editar- ↑ Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel (1998). "A Sociedade de emigrantes Hijos de Silleda e o seu proxecto escolar realizado desde América". Revista Galega de Educación (31): 81–85.
- ↑ "El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6". Faro de Vigo (en castelán). 26 de setembro de 2009.