Slavoj Žižek
Slavoj Žižek, nado en Liubliana (Eslovenia) o 21 de marzo de 1949, é un sociólogo, filósofo, psicanalista e filólogo esloveno. A súa obra integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular.
Slavoj Žižek | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de marzo de 1949 |
Liubliana | |
Nacionalidade | Eslovenia e República Federal Socialista de Iugoslavia |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Bežigrad Grammar School, Universidade de Ljubljana, Universidade de Ljubljana, Universidade de Ljubljana, Université Paris 8 e Universidade de París |
Ocupación | filósofo, psicólogo, cultural studies scholar, sociólogo, catedrático de universidade, ensaísta, psicanalista, cultural critic, político e teólogo |
Cónxuxe | Renata Salecl e Jela Krečič |
Premios | Ambassador of Science of the Republic of Slovenia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Žižek estudou filosofía na Universidade de Ljubljana e psicanálise na Universidade de París VIII Vincennes-Saint-Denis, onde se doctorou. A súa carreira profesional inclúe un posto de investigación no Instituto de Socioloxía da Universidade de Liubliana, en Eslovenia, e coma profesor convidado en varias institucións, incluíndo Columbia, Universidade de Princeton, New School for Social Research, en Nova York e a Universidade Michigan, entre outros. Actualmente é Director Internacional do Instituto Birkbeck de Humanidades, Birkbeck College - Universidade de Londres.
Žižek usa nos seus estudos exemplos extraídos de cultura popular,dende a obra de Alfred Hitchcock e David Lynch, ate a literatura de Kafka ou Shakespeare, ademais de problematizar autores esquecidos pola academia como V. I. Lenin, Stalin e Robespierre e tratar sen remordementos temas espiñosos coma o fundamentalismo, anti-capitalismo, a tolerancia, a subxectividade e o politicamente correcto na filosofía posmoderna. Ademais, en contraposición cos postulados intelectuais da esquerda universalista europea en xeral,e dos que Habermas define como postnacionais en particular, Žižek realiza unha defensa aberta e inequívoca de procesos soberanistas abertos en Europa[Cómpre referencia].
Tamén usa a teoría psicanalítica na versión lacaniana coma unha arma pra a súa habitual análise da política internacional,considerando non só os líderes e os seus posibles problemas psicolóxicos, senón tamén á sociedade no seu conxunto.
En 1990, foi candidato a presidente da República de Eslovenia, pero non foi elixido.
TeoríaEditar
Desenvolvemento da teoría lacanianaEditar
Slavoj Zizek toma de Jacques Lacan a descrición dos conceptos da súa tópica (descrita desde 1953 e constituída coma unha estrutura composta de tres ordes ou rexistros estrutura inseparabéis) e desenvólveos como segue:
O real Eiquí; o "real" acaba por ser un termo bastante enigmático e non debe ser confundida coa realidade, xa que a nosa realidade constrúese de forma simbólica; a realidade,pola contra, é un núcleo duro, algo traumático que non se pode simbolizar (é dicir, expresado en palabras.) O real non ten existencia positiva; só existe como obstruído.
Non todo na realidade pode ser desenmascarado coma unha ficción; só basta con ter presente certos aspectos -puntos indeterminados- que teñen que ver co antagonismo social,a vida,a morte e a sexualidade. A estes aspectos temos que afrontalos se queremos simbolizalos. O real non é ningún tipo de realidade detrás da realidade, senón o baleiro que deixa á realidade incompleta e inconsistente. É a pantalla da pantasma; en si é a propia pantalla que distorsiona a nosa percepción da realidade. A tríada do simbólico/imaxinario/real reprodúcese dentro de cada parte individual da subdivisión. Hai tamén tres modalidades do real:
- O real simbólico: o significante reducido a unha fórmula sen sentido (coma na física cuántica, que coma toda ciencia parece rabuñar o real, pero só produce conceptos apenas comprensibles).
- O real ou o real mesmo: unha cousa horrible, o que transmite o sentido de terror nas películas de terror.
- O real imaxinario: un algo insondábel que permea as cousas como unha peza do sublime. Esta forma de realidade convértese en perceptíbel na película Full Monty, por exemplo, onde os protagonistas desempregados deben espirse por completo. Noutras palabras, a través deste xesto extra de degradación "voluntaria", algo da orde do sublime tórnase visíbel.
A psicanálise ensina que a realidade (postmoderna) precisamente non ten que verse coma unha narrativa, senón que o suxeito ten que recoñecer,soportar e ficcionalizar o núcleo duro do real dentro da súa propia ficción.
O simbólico O simbólico inaugúrase coa adquisición da linguaxe; é mutuamente relacional. Así, acontece aquilo de que "o home é o rei só porque os seus súbditos compórtanse con él como un rei". Ao mesmo tempo, sempre permanece unha certa distancia respecto ó real (agás na paranoia: non só é tolo un mendigo que pensa que é rei, tamén o é o rei que realmente cre que é un rei. Desde feito, este último só ten o "mandato simbólico" dun rei.
O simbólico real é un significante reducido a unha fórmula sen sentido.
- O símbolo imaxinario qua símbolos junguianos.
- O simbólico ou o simbólico mesmo qua a fala e a linguaxe con sentido en si.
A pantalla do monitor como forma de comunicación no ciberespazo: coma unha interface refírenos a unha mediación simbólica de comunicación, a un abismo entre quen fala e a "posición de falar" en si (por exemplo, o alcume, o correo electrónico). "eu" nunca "en realidade" estou de acordo exactamente co significante, non me invento a min mesmo;en cambio,a miña existencia foi,en certo sentido,xa co-fundada coa chegada do ciberespazo. Eiquí un debe chegar a entenderse con certa inseguridade, pero non pode resolverse coma nun simulacro contixente posmoderno...Eiquí tamén,como na vida social, as redes simbólicas circulan arredor dos núcleos do real. Esta é unha resposta á inversión decote formulada por Zizek: non se trata de "que podemos aprender acerca da vida no ciberespazo?" senón máis ben "que podemos aprender acerca do ciberespazo na vida?" Estas inversións serven á psicanálise teórica: é dicir, contrario á psicanálise aplicada, non busca tan so analizar traballos de arte e facer o que é ameazante, comprensible,senón crear unha nova perspectiva no ordinario,renovar a sensación de estrañeza sobor da vida diaria, e por vía do obxecto desenvolver máis alá a teoría.
As redes simbólicas son a nosa realidade socialEditar
O imaxinario outro exemplifícase no que Lacan chama o estado do espello,polo cal un recoñécese nunha imaxe ficticia di sí mesmo (a imaxe proxectada nun espello), e nese recoñecemento hai un erro, é un recoñecemento ilusorio polo cal o "eu" constitúese coma un outro, como conclúe Lacan citando a Arthur Rimbaud: "Eu son outro". O imaxinario é a fantasía fundamental que é inaccesíbel a nosa experiencia psíquica e elévase da pantalla pantasmal na que atopamos obxectos de desexo. Aquí tamén se pode dividir o imaxinario,ou o imaxinario mesmo,(a imaxe/pantalla en si que serve de cebo) e un simbólico (os arquetipos de Jung e o pensamento New Age). O imaxinario nunca será agarrado,xa que todo discurso sobor del sempre localizarase no simbólico.
Tódolos niveis están interconectados, de acordo con Lacan (do seminario XX en adiante), nunha forma de nó borromeo, como tres aneis enlazados de xeito que se un deles se desconecta o resto tamén caerá.
ObraEditar
Obra orixinal en inglésEditar
Título | Ano | Editorial | ISBN | Notas |
---|---|---|---|---|
Sex and the Failed Absolute | 2019 | Bloomsbury Academic | 9781350043770 | |
The Relevance of the Communist Manifesto | 2019 | Wiley | ||
Like a Thief in Broad Daylight: Power in the Era of Post-Humanity | 2018 | Allen Lane | ||
Incontinence of the Void: Economico-Philosophical Spandrels | 2017 | MIT Press | ||
Lenin 2017 | 2017 | VersoBooks | Republicado en 2018 co título The Day After the Revolution, como parte da serie Verso Revolutions | |
The Courage of Hopelessness: Chronicles of a Year of Acting Dangerously | 2017 | Penguin Books | ||
Antigone | 2016 | Bloomsbury Academic, Londres | ||
Disparities | 2016 | Bloomsbury Academic, Londres | ||
Refugees, Terror and Other Troubles with the Neighbours: Against the Double Blackmail | 2016 | Allen Lane | ||
The Wagnerian Sublime: Four Lacanian Readings of Classic Operas | 2016 | Verlag der Buchhandlung Walther Konig, Berlín | ||
Trouble in Paradise: From the End of History to the End of Capitalism | 2015 | Melville House, Brooklyn | ||
Absolute Recoil: Towards a New Foundation of Dialectical Materialism | 2014[1] | Verso, Londres | ||
Event: A Philosophical Journey Through a Concept | 2014 | Penguin, Nova York | ||
The Most Sublime Hysteric: Hegel with Lacan | 2014 | Malden, Cambridge, Reino Unido; Polity Press, Massachusetts | ||
Žižek's Jokes: (Did you hear the one about Hegel and negation?) | 2014 | MIT Press, Cambridge, Massachusetts | ||
Demanding the Impossible | 2013 | Polity Press, Malden, Massachusetts | ||
The Year of Dreaming Dangerously | 2012 | Verso,[2] Londres | ||
Less Than Nothing: Hegel and the Shadow of Dialectical Materialism | 2012 | Verso, Londres | ||
Living in the End Times | 2010 | Verso, Londres | ||
First As Tragedy, Then As Farce | 2009 | Verso, Londres | ||
Violence: Six Sideways Reflections (Big Ideas/Small Books) | 2008 | Picador, Nova York | ||
In Defense of Lost Causes | 2008 | Verso, Londres | ||
How to Read Lacan | 2006 | Granta Books, Londres | tamén en 2007: W.W. Norton & Company, Nova York | |
The Parallax View | 2006 | MIT Press, Cambridge, Massachusetts | ||
Lacan: The Silent Partners | 2006 | Verso, Londres | editor literario | |
The Universal Exception | 2006 | Continuum International Publishing Group, Londres, Nova York | ||
Interrogating the Real | 2005 | Continuum International Publishing Group, Londres, Nova York | ||
Iraq: The Borrowed Kettle | 2004 | Verso, Londres | ||
The Puppet and the Dwarf: The Perverse Core of Christianity | 2003 | MIT Press, Cambridge, Massachusetts | ||
Organs Without Bodies | 2003 | Routledge, Londres | ||
Revolution at the Gates: Žižek on Lenin, the 1917 Writings | 2002 | Verso, Londres | ||
Welcome to the Desert of the Real | 2002 | Verso, Londres | ||
Repeating Lenin | 2001 | Arkzin D.O.O., Zagreb | ||
Opera's Second Death | 2001 | Routledge, Londres | ||
On Belief | 2001 | Routledge, Londres | ||
The Fright of Real Tears | 2001 | British Film Institute (BFI), Londres | ||
Did Somebody Say Totalitarianism? | 2001 | Verso, Londres | ||
The Fragile Absolute: Or, Why is the Christian Legacy Worth Fighting For? | 2000 | Verso, Londres | ||
The Art of the Ridiculous Sublime: On David Lynch's Lost Highway | 2000 | University of Washington Press, Washington | ||
The Ticklish Subject | 1999 | Verso, Londres | ||
The Plague of Fantasies | 1997 | Verso, Londres | ||
The Abyss of Freedom | 1997 | University of Michigan Press, Michigan | ||
The Indivisible Remainder: Essays on Schelling and Related Matters | 1996 | Verso, Londres | ||
The Metastases of Enjoyment | 1994 | Verso, Londres | ||
Tarrying with the Negative | 1993 | Duke University Press, Durham, Carolina do Norte | ||
Enjoy Your Symptom! | 1992 | Routledge, Londres | ||
Looking Awry | 1991 | MIT Press, Cambridge, Massachusetts | ||
For They Know Not What They Do | 1991 | Verso,[3] Londres | ||
The Sublime Object of Ideology | 1989 | Verso, Londres |
Obra orixinal en eslovenoEditar
Título | Ano | Editorial | ISBN | Notas |
---|---|---|---|---|
Začeti od začetka | 2011 | Cankarjeva založba, Ljubljana | editor literario Peter Klepec | |
Badiou & Žižek: Hvalnica Ljubezni (Love and Terror) | 2010 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Problemi 4-5, (K definiciji komunistične kulture) | 2010 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Kako biti nihče | 2005 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Paralaksa: za politični suspenz etičnega | 2004 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Kuga Fantazem | 2003 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Strah pred pravimi solzami: Krzysztof Kieslowski in šiv | 2001 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Krhki absolut: Enajst tez o krščanstvu in marksizmu danes | 2000 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Alain Badiou, Sveti Pavel: Utemeljitev Univerzalnosti | 1998 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | epílogo Alain Badiou as a Reader of Saint Paul | |
Argument za strpnost (Robert Schumann or romantic antihumanism) | 1997 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | ||
Slovenska smer | 1996 | Cankarjeva Založba, Ljubljana | ||
Problemi: Eseji 4-5 | 1994 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | Film vpričo "vsesplošne težnje po ponižanju v ljubezenskem življenju" | |
Filozofija skoz psihoanalizo VII. | 1993 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | "Cogito as Sexual Difference David Lynch as a pre-raphaelite" | |
Hitchcock II. | 1991 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | texto esloveno titulado Dans ses yeux insolents je vois ma perte écrite | |
Beseda, dejanje svoboda: Filozofija skoz psihoanalizo V. | 1990 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | "Roberto Rosellini: death, freedom, suicide" | |
Druga smrt Josipa Broza Tita | 1989 | Državna založba Slovenije, Ljubljana | ||
Pogled s strani | 1988 | Ekran, Ljubljana | ||
Jezik, ideologija, Slovenci | 1987 | Delavska enotnost, Ljubljana | ||
Hegel in objekt | 1985 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | escrito con Mladen Dolar | |
Problemi teorije fetišizma: Filozofija skoz psihoanalizo II. | 1985 | Društvo za teoretsko psihoanalizo, Ljubljana | escrito con Rado Riha | |
Filozofija skozi psihoanalizo | 1984 | Univerzum, Ljubljana | editor literario | |
Birokratija i uživanje | 1984 | Radionica SIC, Belgrado | ||
Zgodovina in nezavedno | 1982 | Cankarjeva založba, Ljubljana | ||
Gospostvo, Vzgoja, Analiza: Zbornik tekstov Lacanove šole psihoanalize | 1983 | DDU Univerzum, Ljubljana | editor literario e tradutor | |
Hegel in označevalec | 1980 | Univerzum, Ljubljana | ||
Znak, označitelj, pismo | 1976 | Mladost, Belgrado | ||
Bolečina razlike | 1972 | Obzorja, Maribor |
Obra orixinal en castellanoEditar
Título | Ano | Editorial | ISBN | Notas |
---|---|---|---|---|
En defensa de la intolerancia | 2007 | Sequitur, Madrid |
Obra orixinal en croataEditar
Título | Ano | Editorial | ISBN | Notas |
---|---|---|---|---|
Pervertitov vodič kroz film ("The Pervert's Guide to Cinema", recompilación de ensaios sobre cinema) | 2008 | Hrvatsko društvo pisaca & Izdanja Antibarbarus (Biblioteka Tvrđa),Zagreb | edición literaria de Srećko Horvat |
Como coautor ou editor literarioEditar
Título | Ano | Editorial | ISBN | Notas |
---|---|---|---|---|
Subject Lessons: Hegel, Lacan, and the Future of Materialism | 2020 | Northwestern University Press, Evanston, Illinois | edición literaria de Russell Sbriglia e Slavoj Žižek | |
Reading Marx | 2018 | Polity, Cambridge | con Frank Ruda e Agon Hamza | |
Comradely Greetings: The Prison Letters of Nadya and Slavoj | 2014 | Verso,[4] Londres | con Nadya Tolokonnikova | |
From Myth To Symptom: the Case of Kosovo | 2013 | KMD,[5] Pristina | con Agon Hamza | |
What Does Europe Want? - The Union and its Discontents | 2013 | Istros Books, Londres | con Srećko Horvat, traducido en parte por S. D Curtis-Kojakovic | |
The Idea of Communism 2: The New York Conference | 2013 | Verso, Londres | editor literario | |
God in Pain: Inversions of Apocalypse | 2012 | Seven Stories Press, Nova York | con Boris Gunjević | |
Hegel and the Infinite: Religion, Politics, and Dialectic | 2011 | Columbia University Press, Nova York | edición literaria de Clayton Crockett, Slavoj Žižek e Creston Davis. Prefacio e capítulo 12 escritos por Žižek | |
Philosophy in the Present | 2010 | Polity, Cambridge | con Alain Badiou | |
Paul's New Moment: Continental Philosophy and the Future of Christian Theology | 2010 | Brazos Press, Grand Rapids, Michigan | con Creston Davis e John Milbank | |
The Idea of Communism | 2010 | Verso, Londres | Textos da conferencia "The Idea of Communism", 2009. Edición literaria de Žižek e Costas Douzinas | |
Mythology, Madness and Laughter: Subjectivity in German Idealism | 2009 | Continuum | con Markus Gabriel | |
The Monstrosity of Christ: Paradox or Dialectic? | 2009 | MIT Press, Cambridge, Massachusetts | con Creston Davis e John Milbank | |
On Practice and Contradiction | 2007 | Verso, Londres | Textos selectos de Mao Zedong cunha introducción de Žižek | |
Terrorism and Communism | 2007 | Verso, Londres | Textos selectos de Leon Trotsky cunha introducción de Žižek | |
Virtue and Terror | 2007 | Verso, Londres | Textos selectos de Robespierre cunha introducción de Žižek | |
Neighbors and Other Monsters | 2006 | University of Chicago Press, Cambridge, Massachusetts | en The Neighbor: Three Inquiries in Political Theology | |
On Eggs and Omelets | 2005 | Open Court Publishing | 9780812695793 | Epílogo titulado Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics |
Conversations with Žižek | 2004 | Polity Press, Londres | con Glyn Daly | |
The Fright of Real Tears: Krzystof Kieslowski between Theory and Post-Theory | 2001 | British Film Institute, Londres | ||
Contingency, Hegemony, Universality | 2000 | Verso, Londres | coescrito con Judith Butler e Ernesto Laclau | |
Cogito and the Unconscious: Sic 2 | 1998 | Duke university press | ||
Everything You Always Wanted to Know About Lacan... But Were Afraid to Ask Hitchcock | 1993 | Verso,[6] Londres | editor literario | |
Beyond Discourse Analysis | 1990 | Verso, Londres | unha parte en la obra de Ernesto Laclau titulada New Reflections on the Revolution of Our Time |
Traduccións ao castelánEditar
- El sublime objeto de la ideología, ed. Siglo XXI, México, 1992, 302 pp.
- Todo lo que usted siempre quiso saber sobre Lacan y nunca se atrevió a preguntarle a Hitchcock, ed. Manantial, Buenos Aires, 1994, 204 pp.
- ¡Goza tu síntoma! Jacques Lacan dentro y fuera de Hollywood, ed. Nueva Visión, Buenos Aires, 1994, 236 pp.
- Porque no saben lo que hacen. El goce como factor político, ed. Paidós, Buenos Aires, 1998, 370 pp.
- Estudios Culturales. Reflexiones sobre el multiculturalismo, ed. Paidós, Buenos Aires, 1998, 188 pp. (con Frederic Jameson)
- El acoso de las fantasías, ed. Siglo XXI, México, 1999, 262 pp.
- Mirando al Sesgo. Una introducción a Jacques Lacan a través de la cultura popular, ed. Paidos, 2000, 386 pp.
- El espinoso sujeto. El centro ausente de la ontología política, ed. Paidós, Buenos Aires, 2001, 432 pp.
- El frágil Absoluto o ¿por que merece la pena luchar por el legado cristiano?, ed. Pretextos, Valencia, 2002, 215 pp.
- ¿Quién dijo totalitarismo? Cinco intervenciones sobre el (mal) uso de una noción, ed. Pretextos, Valencia, 2002, 299 pp.
- Las metástasis del Goce. Seis ensayos sobre la mujer y la causalidad, ed. Paidós, Buenos Aires, 2003, 327 pp.
- Contingencia, Hegemonía, Universalidad, ed. Fondo de Cultura Económica, Buenos Aires, 2003, 329 pp.(con Judith Butler y Ernesto Laclau)
- Ideología. Un mapa de la cuestión, ed. Fondo de Cultura Económica, Buenos Aires, 2003, 382 pp. (Compilador)
- Violencia en Acto. Conferencias en Buenos Aires, ed. Paidós, Buenos Aires, 2004, 235 pp.
- A propósito de Lenin. Política y subjetividad en el capitalismo tardío, ed. Atuel/Parusia, Buenos Aires, 2004, 190 pp.
- La Revolución Blanda, ed. Atuel/Parusia, Buenos Aires, 2004, 93 pp.
- Repetir Lenin, ed. Akal (Col. Cuestiones de Antagonismo 29), Madrid, 2004, 157 pp.
- El títere y el enano. El núcleo perverso del cristianismo, ed. paidos, Buenos Aires, 2005, 235 pp.
- Amor sin piedad. Hacia una política de la verdad, ed. Síntesis, Madrid, 2005, 191 pp.
- La suspensión política de la ética, ed. Fondo de Cultura Económica, Buenos Aires, 2005, 220 pp.
- Arriesgar lo imposible. Conversaciones con Glyn Daly, Editorial Trotta, Madrid, 2005, 168 pp., ISBN 84-8164-821-3.
- Bienvenidos al desierto de lo real, ed. Akal (Col. Cuestiones de Antagonismo 36), Madrid, 2005, 125 pp.
- Visión de Paralaje, Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2006, 475 pp. ISBN 978-950-557-674-6
- Órganos sin cuerpo, Valencia, Pre-textos, 2006. 241 páxinas.
- Lacrimae Rerum. Ensayos sobre cine moderno y ciberespacio, Debate, Buenos Aires, 2006, 313 pp., ISBN 987-1117-23-X
- En defensa de la intolerancia, Sequitur, Madrid, 2007. ISBN 978-84-95363-30-5
- Cómo leer a Lacan, Paidós, Buenos Aires, 2008. ISBN 978-950-12-6570-5
- Sobre la violencia. Seis reflexiones marginales, Paidós, 2009, 208 pp.
- El prójimo. Tres indagaciones sobre teología política, Amorrortu editores, 2010, 256 pp. ISBN 978-950-518-388-3
- Lenin reactivado.Hacia una política de la verdad, ed. AKAL,2010,320 pp.ISBN 978-84-460-2869-7
- En defensa de causas perdidas, Akal, 2011.
- Primero como tragedia, luego como farsa, , 2011.
- Robespierre.Virtud y terror, ed. AKAL,2011,256 pp.ISBN 978-84-460-2833-8
- Filosofía y actualidad. El debate, Amorrortu editores, 2012, 96 pp. ISBN 978-84-610-9042-6 (con Alain Badiou)
- ¡Bienvenidos a tiempos interesantes!, Txalaparta, 2012, 184 pp. ISBN 978-84-15313-15-1
- Acontecimiento, Editorial Sexto Piso, 2014, 181 pp.
- Menos que nada. Hegel y la sombra del materialismo dialéctico, ed. Akal, 2015, 1104 pp. ISBN 978-84-460-4185-6
- Islam y modernidad. Reflexiones blasfemas, ed. Herder,2015,84 pp.ISBN 978-84-254-3468-6
- Žižek, Slavoj (2016). La nueva lucha de clases. Los refugiados y el terror (en castelán). Editorial Anagrama. p. 112. ISBN 978-84-339-6401-4.
NotasEditar
- ↑ Žižek, Slavoj (7-10-2014). Absolute Recoil: Towards a New Foundation of Dialectical Materialism (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781781686829. Consultado o 18-6-2014.
- ↑ Žižek, Slavoj (9-10-2012). The Year of Dreaming Dangerously (en inglés). Londres: Verso Books. ISBN 9781781680421. Consultado o 18-6-2014.
- ↑ Žižek, Slavoj. For They Know Not What They Do: Enjoyment as a Political Factor (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781844672127. Consultado o 18-6-2014.
- ↑ Žižek, Slavoj; Tolokonnikova, Nadya (30-9-2014). Comradely Greetings: The Prison Letters of Nadya and Slavoj (en inglés) (1 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 9781781687734. Consultado o 18-6-2014.
- ↑ Crockett, Clayton. "Crisis & Critique. "From Myth to Symptom: The Case of Kosovo"" (PDF). Materializmi Dialektik (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15-02-2015. Consultado o 6-5-2015.
- ↑ Žižek, Slavoj (1-10-1992). Everything You Always Wanted to Know About Lacan (But Were Afraid to Ask Hitchcock) (en inglés) (2 ed.). Londres: Verso Books. ISBN 0860915921. Consultado o 18-6-2014.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gómez Camarena, Carlos (2018). "Prólogo". Ardillas para las bellotas. Entre psicoanálisis, filosofía y el cine de Ernst Lubitsch (en castelán). México: Paradiso/Universidad Iberoamericana. p. 250.
Ligazóns externasEditar
- Slavoj Žižek Faculty page European Graduate School
- Slavoj ŽiŽek: Sobre a violencia. Seis reflexións marxinais, Proxecto Derriba.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |