Fredric Jameson
Fredric Jameson, nado en Cleveland (Ohio) o 14 de abril de 1934, é un crítico e teórico literario de ideoloxía marxista.
(2004) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1934 (90 anos) Cleveland, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Carolina do Norte Cleveland |
País de nacionalidade | Estados Unidos |
Educación | Universidade Yale - French studies (en) (–1959) Haverford College (en) Moorestown Friends School (en) |
Director de tese | Erich Auerbach (pt) |
Actividade | |
Ocupación | ensaísta , editor literario , xornalista , político , filósofo , teórico literario , sociólogo , catedrático , crítico literario , politicólogo , escritor , mestre |
Empregador | Universidade Duke (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Kim Stanley Robinson (pt) |
Premios
|
Traxectoria editar
Despois de licenciarse no Haverford College en 1954, trasladouse a Europa por un breve período, estudou en Aix en Provence, Múnic e Berlín, onde se puxo ao tanto das últimas tendencias en filosofía continental, incluído o estructuralismo. Ao ano seguinte, volveu aos Estados Unidos para facer o doutoramento na Universidade de Yale, baixo a dirección de Erich Auerbach.
Obtivo recoñecemento pola súa análise das tendencias da cultura contemporánea, especialmente despois de publicar o libro Postmodernism, or the cultural logic of late capitalism ('O posmodernismo ou a lóxica cultural do tardocapitalismo', Durham: Universidade de Duke, 1991). Jameson considera o posmodernismo como a claudicación de cultura contra a presión do capitalismo organizado, pensamento que vencella coa súa teoría da posmodernidade.
Notas editar
- Rubín, A. (2011): Entre posmodernidade e utopía. Unha introdución ao pensamento de Fredric Jameson. Santiago de Compostela: Estaleiro Editora.