San Cosme, Baíña, Baiona

lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona

San Cosme é un lugar da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

San Cosme
ParroquiaBaíña
ConcelloBaiona
Coordenadas42°05′13″N 8°51′13″O / 42.087005537866, -8.8537174875742Coordenadas: 42°05′13″N 8°51′13″O / 42.087005537866, -8.8537174875742
Poboación5 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Dende o século X ata o XVIII, asentouse nel un grupo de monxes eremitas relativos ó Mosteiro de Oia. Neste convento, nace a devoción de Baiona a San Cosme e San Damián. Nel soamente existía unha capela e unha casa das novenas, que servía de aloxamento ós monxes. Pero, debido á romaría tan popular ós santos e que levaba consigo estragos na capela, o bispado decidiu derruír a ermida e os monxes foron para o Mosteiro de Oia. Un dos restos da capela, era unha cruz de Malta de pedra que foi rescatada e posta na porta da casa reitoral da parroquia de Baredo. Máis tarde, o rexedor de Baiona pediu no século XIX as reliquias e o culto a San Cosme e San Damián, que aínda hoxe se veneran. [2]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Baíña editar

Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra)

O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta

Parroquias de Baiona editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas editar

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. Vázquez, D. (26-10-2014). "Eremitas en la historia de Baíña". Faro de Vigo.