Manuel Ruiz Zorrilla

Político española (1833-1895)
(Redirección desde «Ruiz Zorrilla»)

Manuel Ruiz Zorrilla, nado en El Burgo de Osma (provincia de Soria) o 22 de maio de 1833 e finado en Burgos o 13 de xuño de 1895, foi un político español.

Infotaula de personaManuel Ruiz Zorrilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1833 Editar o valor em Wikidata
El Burgo de Osma-Ciudad de Osma, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1895 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBurgos Editar o valor em Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
13 de xuño de 1872 – 12 de febreiro de 1873
← Francisco Serrano DomínguezEstanislao Figueras →
Ministro de Gobernación
13 de xuño de 1872 – 12 de febreiro de 1873
← Francisco de Paula Candau (en) TraducirFrancesc Pi i Margall →
Presidente do Consello de Ministros
24 de xullo de 1871 – 5 de outubro de 1871
← Francisco Serrano DomínguezJosé Malcampo y Monge →
Ministro de Gobernación
24 de xullo de 1871 – 5 de outubro de 1871
← Práxedes Mateo SagastaFrancisco de Paula Candau (en) Traducir →
Ministro de Fomento de España
4 de xaneiro de 1871 – 24 de xullo de 1871
← José Echegaray EizaguirreSantiago Diego-Madrazo Arroyo →
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Universidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Progresista
Partido Demócrata-Radical
Partido Republicano Progresista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 128325
Manuel Ruiz Zorrilla

Traxectoria editar

Estudou filosofía en Valladolid. Despois, en Madrid estudou Xurisprudencia na Universidade Central de Madrid (nome orixinal da actual Universidade Complutense). En dous anos rematou os estudos de xurisprudencia e matriculouse en Leis acadando a licenciatura en 1857. En 1856 fora nomeado comandante da Milicia Nacional de Soria, accedendo deseguida á Deputación Provincial. Grazas a este pequeno empurrón político trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Deputado Nacional polo Partido Progresista en 1858.

Nesa época comezou a súa amizade con Práxedes Mateo Sagasta. Destacou na Sublevación do cuartel de San Gil (1866), polo que foi condenado a morte e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a Isabel II. Triunfante a Revolución de 1868, como un dos líderes do Partido Progresista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.

Encargouse da carteira de Fomento no goberno provisional de Francisco Serrano, estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao Estado e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de Prim como Ministro de Xustiza (1869), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova Constitución, á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a Amadeu de Savoia como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o 24 de xullo e o 4 de outubro de 1871 e do 13 de xuño de 1872 e o 10 de febreiro de 1873, entre outras medidas aboliu a escravitude en Porto Rico e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeu renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en Baiona (Francia) e logo en París.

O 25 de agosto de 1876 publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a Constitución de 1869 reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de 1877 produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en Xenebra e en 1878 volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en Londres tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En 1880 tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a Asociación Republicana Militar, organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de 1886 encabezado en España por Villacampa foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os Pireneos tivo que volver a París, despois instalouse en Bruxelas e Londres e despois de novo en París.

En 1893 únese ao resto dos republicanos nunha coalición para concorrer ás eleccións en España, os republicanos conseguen 32 deputados, Ruiz Zorrilla elixido negouse a ocupar o seu escano. Enfermo retirouse da política o 16 de febreiro de 1895, o seu partido reunido para elixir sucesor, dividiuse entre o Partido Republicano Liberal e o Progresista e el despois de trámites co goberno español retirouse a España, morrendo antes de chegar á súa casa de Tablada (Burgos).


Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Amadeu I de España

Segue a:
Francisco Serrano Domínguez
Manuel Ruiz Zorrilla
Precede a:
José Malcampo y Monge
 
Presidente do Consello de Ministros de España
Amadeu I de España

Segue a:
Francisco Serrano Domínguez
Manuel Ruiz Zorrilla
Precede a:
Estanislao Figueras
 
Presidente do Consello de Ministros de España