Abrir o menú principal

Romances galegos

obra poética de Eduardo Blanco Amor

Romances galegos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) pola editorial Céltiga en 1928 [1].

Romances galegos
Eduardo Blanco Amor.jpg
Autor/aEduardo Blanco Amor
OrixeGaliza
LinguaLingua galega
Xénero(s)Poesía
EditorialRevista Céltiga
Data de pub.1928

AnáliseEditar

Está composto por poemas escritos entre 1921 e 1928. No momento da súa publicación estaba xa establecido na Arxentina, pero en contacto con autores da xeración de vangarda da literatura galega e con autores da xeración do 27 da literatura castelá[2].

A primeira parte do poemario, Os nocturnos, está composta por romances máis baseados na literatura popular. A segunda sección, Témporas, está máis influída polo modernismo, o hilozoísmo de Amado Carballo e o léxico vangardista. Na terceira parte, Nocturnos, usa no poema "Orballo" o recurso vangardista da escaleira, xa usado por autores como Vicente Risco, Manuel Antonio ou Euxenio Montes. O título da cuarta parte, Toda humilde beleza, fai mención a un poema de Noriega Varela, e está adicada a Amado Carballo.

Este libro deu pé á amizade entre Blanco Amor e García Lorca, logo de que Enrique Díez Canedo os puxese en contacto e intercambiasen esta obra co Romancero gitano, publicado en 1927 e con certas características similares.

NotasEditar



 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.