Ricardo Fernández Carles
Ricardo Fernández Carles, nado en Valga cara a 1913 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Valga, España |
Morte | 18 de maio de 1948 (34/35 anos) Teo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria
editarVeciño de Pontecesures. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na defensa de Pontecesures e foi detido o 7 de novembro. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 1 de abril de 1937, foi condenado a 15 anos de prisión. Conmutáronlle a pena a dous anos e saíu de prisión en novembro de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Foi membro do grupo de Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro". Integrouse con Manuel Agrasar Cajaraville na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Ricardo morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Florentino Menéndez; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 219–222. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
editar- Ricardo Fernández Carles na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)