Renato Pirocchi
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 1961
Escudería(s) Cooper non oficial
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1961
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1961


Renato Pirocchi nado en Notaresco o 26 de marzo de 1933 e finado en Chieti o 29 de xullo de 2002[1],foi un piloto de carreiras italiano.

Traxectoria Editar

Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio de Italia de 1961, o 10 de setembro de 1961. Clasificou na posición 29 (de 33) e rematou 12º, cinco voltas detrás, sen lograr puntos de campionato.[2]

Logo dun exitoso período na Fórmula Júnior a principios dos anos 60, Pirocchi participou en varias carreiras fora do campionato na Fórmula Un durante a tempada de 1961, pero moitas veces non puido clasificarse. Terminou 12º en Siracusa, Sicilia e compartiu unha unidade para o 11° lugar en Zeltweg con Lorenzo Bandini, pero rematou moitas voltas por detrás en ambas ocasións.

Resultados completos na Fórmula Un Editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1961 Pescara Racing Club Cooper T45 Maserati 4 en liña MON NED BEL FRA GBR ALE
NCG
NC 0
Cooper T51 ITA
12
USA

Notas Editar

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 29 de xullo de 2007. 
  2. Small, Steve (2000). Grand Prix Who's Who (3rd Edition). p. 446. ISBN 1902007468. 

Véxase tamén Editar