Abrir o menú principal

Regato das Tres Regueiras

A desembocadura do regato das Tres Regueiras, enriba a ponte de Rocamar, e tamén final da senda fluvial.

O regato das Tres Regueiras, tamén chamado río Fraga ou río de Baredo, é un curso de auga que se atopa na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona.

XeografíaEditar

O regato das Tres Regueiras está composto por tres realmente como indica o seu nome. Un nace case no monte da parroquia de Baíña; outro, no lugar chamado As Tres Regueiras, chamado rego da Torre ou do Cancelo, sendo o que máis auga leva; e o último, chamado rego dos Portelos ou da Pontiña, desembocando na Ponte no rego do Cancelo. Desemboca ó lado de Porrido, preto das enseadas do Tío Andrés, Bombardeira e dos do Peito Ancho.[1]

Fauna e floraEditar

 
Muíño na senda fluvial.

O río foi o causante de que se asentase axiña xente en Baredo. As terras ás súas beiras son moi produtoras dando veigas cunhas boas colleitas. Dentro da fauna destacan aves como avelaionas, mouchos de orellas, lavandeiras brancas, rabirrubios, gaivotas ou corvos mariños, anfibios como a ra verde, píntegas comúns ou píntegas rabilongas. Tamén hai pequenos roedores, como ratos, toupas e ourizos cacho, e algún que outro aguanón. Entre a flora hai xestas, toxos, fentos e a especie invasora lirio de auga, tamén chamada cala, amais do eucalipto.[2]

Senda fluvial do regato das Tres Regueiras - Muíños de BaredoEditar

 
Un dos muíños restaurados ás beiras do río Fraga.

Dada a súa grande importancia para a parroquia, hai varios muíños. Logo de pasaren por un proceso de desuso, foron restaurados tres (Acugulado de Arriba, Acugulado do Medio e Acugulado de Abaixo) e fíxoselle unha senda ás beiras do río no seu tramo final.[2] Outros muíños quedaron sen restaurar (O Barreiro, Da Maquía, O Pinicho, O de Estrella, A Foupa e A Torre).

NotasEditar

  1. Anónimo. "Relevo e toponimia litoral". Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Molinos de Baredo | GALICIA MAXICA" (en castelán). 2016-03-03. Consultado o 2016-08-31.