Proteus vulgaris é unha especie de bacteria con forma de bacilo, gramnegativa, redutora de nitrato, indol positiva e catalase positiva e produtora de sulfuro de hidróxeno, que vive no tracto intestinal de humanos e animais. Pode encontrarse no solo, auga e materia fecal. Agrúpase con Enterobacteriaceae e é un patóxeno oportunista dos humanos. Causa infeccións en feridas (outras especies do seu xénero causan infeccións do tracto urinario).

O termo Proteus significa cambio de forma, que personificaba nos poemas de Homero Proteo, "o vello do mar", que coidaba os rabaños de focas de Poseidón e tiña o don de poder transformarse. O primeiro uso do termo “Proteus” na nomenclatura bacteriolóxica fíxoo Hauser (1885), que describiu con ese termo tres tipos de organismos, que illou de carne podre. Unha das tres especies que Hauser identificou foi Proteus vulgaris, polo que este organismo ten unha longa historia en microbioloxía.

Nas últimas décadas, o xénero Proteus, e especialmente P. vulgaris, sufriu varias revisións taxonómicas importantes. En 1982, P. vulgaris foi separado en varios biogrupos baseándose na produción de indol. O biogrupo un era indol negativo e representaba unha nova especie, P. penneri, mentres que os biogrupos dous e tres permaneceron xuntos como P. vulgaris.

Identificación no laboratorio editar

En canto ás probas de fermentación de laboratorio, P. vulgaris fermenta a glicosa e a amigdalina, pero non o manitol nin a lactosa. P. vulgaris tamén dá positivo na proba do vermello de metilo (fermentación ácida mixta) e é tamén un organismo extremadamente móbil.

Cando P. vulgaris se proba usando o sistema de identificación API 20E[1] dá resultado positivo para a redución de xofre, produción de urease, produción de triptófano desaminase, produción de indol, ás veces mostra positivo para a actividade de xelatinase e fermentación de sacarosa, e resultados negativos para o resto das probas da tira do test.

Referénciase no Índice de Perfil Analítico usando o seguinte código de cinco díxitos: 047602157.

As condicións de crecemento óptimas deste organismo son un ambiente anaerobio facultativo cunha temperatura media duns 40 °C.

O sistema Becton/Dickinson BBL Enterotube II para a identificación de membros da familia Enterobacteriaceae inoculado con P. vulgaris pode dar os seguintes resultados:

P. vulgaris pode dar positivo ou negtivo na proba do citrato. Todo se combina para un Biocode ID de 31406, (Biocode ID 31402, 31404, 31407 todos dando o resultado de P. vulgaris con resultados asintomáticos) para o uso na Guía de Interpretación/Sistema de Identificación e Codificación por Computadora. P. vulgaris pode tamén dar negativo na proba da urease en medios sólidos (como en Enterotube), pero é urease positiva en medios líquidos. O código CCIS identifícaa cunha proba de urease negativa. Cando se inocula nunha proba de xelatina de inoculación profunda, P. vulgaris pode hidrolizar a xelatina.[2]

Infeccións por Proteus editar

Causa e epidemioloxía editar

  • Infeccións nosocomiais
  • P. mirabilis causa o 90% das infeccións por Proteus.
  • P. vulgaris e P. penneri son illados facilmente de individuos que están en instalacións de coidados a longo prazo e hospitais e de pacientes con doenzas subxacentes ou sistemas inmunitarios comprometidos.
  • Os pacientes con infeccións recorrentes, os que teñen anormalidades estruturais do tracto urinario, aqueles nos que se utilizaron intrumentos uretrais e os que adquiriron a infección no hospiral teñen unha maior frecuencia de infección causada por Proteus e outros organismos (por exemplo, Klebsiella, Enterobacter, Pseudomonas, enterococos e estafilococos).

Expresión clínica editar

As enterobacteriáceas (das cales forma parte Proteus) e Pseudomonas son os microorganismos comunmente responsables de bacteremias e sepses gramnegativas.

A presenza de síndrome séptica asociada cunha infección do tracto urinario incrementa a posibilidade de obstrución do tracto urinario. Isto é especalmente certo en pacientes que viven en instalacións de coidados a longo prazo, que teñen catéteres uretrais permanentes ou que teñen unha historia coñecida de anormalidades uretrais.

Obstrución por infección do tracto urinario

A produción de urease produce a precipitación de compostos orgánicos e inorgánicos, que orixina a formación de concrecións de estruvita. Estes cristais de estruvita están compostos por unha combinación de fosfato amónico magnésico (estruvita) e apatita de carbonato cálcico. A formación dos cálculos de estruvita pode manterse só se se incrementa a produción de amoníaco e o pH da urina é elevado para que descenda a solubilidade do fosfato. Ambos os requirimentos poden darse só cando a urina está infectada por un organismo produtor de urease como Proteus. A urease metaboliza a urea a amoníaco e dióxido de carbono: urea → 2 NH3 + CO2. O par tampón amoníaco/amonio ten un pK de 9,0, o que ten como resultado a combinación de urina moi alcalina e rica en amoníaco.

Os síntomas atribuíbles aos cálculos de estruvita son pouco comúns. O máis frecuente é atopalos en mulleres con infeccións do tracto urinario, dor de costado ou hematuria e que teñen un pH da urina persistemntemente alcalino (>7,0).

Tratamentos editar

Os antibióticos aos que P. vulgaris é sensible son:

Notas editar

  1. "API Test Strips". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2019. 
  2. "Morphological Characteristics of P. vulgaris". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar