Netilmicina
A netilmicina é un antibiótico de amplo espectro que pertence á familia dos aminoglicósidos, utilizado xeralmente en forma de sulfato de netilmicina. É un antibiótico semisintético derivado da sisomicina, a cal é producida pola bacteria Micromonospora inyoensis, polo que a netilmicina se pode denominar tamén 1-N-etil-sisomicina [1].
Actúa uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma e ao ARNr 16S, o que interfire coa formación do complexo de iniciación co ARNm e impide a síntese correcta das proteínas[2].
Este fármaco non se absorbe polo tracto dixestivo, polo que se administra en forma de infusión ou inxectable.
A netilmicina é activa contra moitos bacilos gramnegativos que son resistentes á xentamicina, aínda que é menos activa contra a Pseudomonas aeruginosa do que a tobramicina.
Indicacións
editarA netilmicina está indicada en casos de infección urinaria ou infección sistémica potencialmente mortal, especialmente as causadas por organismos resistentes á xentamicina, e en pacientes cunha función renal normal. Normalmente indícanse de 4 a 6 mg/kg por día repartidos en tres doses iguais cada 8 horas ou en dúas doses cada 12 horas. En infeccións potencialmente fatais e graves, pode chegarse ata 7,5 mg/kg cada día pero se debe reducir a 6 mg/kg/día tan axiña como estea clinicamente indicado, polo xeral dentro das primeiras 48 horas.
Efectos adversos
editarEn doentes con insuficiencia renal, ou deshidratados ou cando se administra en doses superiores ás recomendadas ou por un tempo moi prolongado, poden aparecer, ototoxicidade,[3] nefrotoxicidade ou neurotoxicidade, xeralmente reversibles ao suspender o tratamento. A administración conxunta de furosemida, ácido etacrínico ou o uso previo doutros aminoglicósidos son factores de risco para a ototoxicidade. A dose debe axustarse se o paciente experimenta variacións na súa función renal.
Notas
editar- ↑ Noone P. Sisomicin, netilmicin and dibekacin. A review of their antibacterial activity and therapeutic use. PubMed
- ↑ Drug Bank Database
- ↑ "Ototoxicity". The Vestibular Disorders Association (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2011..
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Hemsworth S, Nunn A, Selwood K, Osborne C, Jones A, Pizer B (2005). "Once-daily netilmicin for neutropenic pyrexia in paediatric oncology.". Acta Paediatr 94 (3): 268–74. PMID 16028643. doi:10.1080/08035250510025923.
- Klingenberg C, Småbrekke L, Lier T, Flaegstad T (2004). "Validation of a simplified netilmicin dosage regimen in infants.". Scand J Infect Dis 36 (6-7): 474–9. PMID 15307571. doi:10.1080/00365540410020613.
- Brooks J, Marlow N, Reeves B, Millar M (2004). "Use of once-daily netilmicin to treat infants with suspected sepsis in a neonatal intensive care unit.". Biol Neonate 86 (3): 170–5. PMID 15237240. doi:10.1159/000079423.