Premio Follas Novas de Tradución

O Premio de Tradución da Gala do Libro Galego, renomeado en 2021 (sexta edición) como Premio Follas Novas de Tradución[1], é un galardón que dende 2016 se entrega cada ano na gala homónima e que distingue a mellor obra tradución do ano anterior. O certame no seu conxunto ten como entidades convocadoras a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, quen un ano antes decidiron unir nun só os seus respectivos premios.

Gañadores editar

Edición Ano[2] Tradutor Obra Autor Editorial
Primeira 2016 Alejandro Tobar Mocidade Joseph Conrad Hugin e Munin
Segunda 2017 Henrique Harguindey Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña Anónimo Rinoceronte
Terceira 2018 David A. Álvarez Pippi Mediaslongas Astrid Lindgren Kalandraka
Cuarta 2019 Celia Recarey A señora Dalloway Virginia Woolf Irmás Cartoné
Quinta 2020 Samuel Solleiro Frankenstein ou o moderno Prometeo Mary Shelley Aira Editorial
Sexta 2021 María Reimóndez A nosa Negra Harriet E. Wilson Hugin e Munin
Sétima 2022 María Alonso Seisdedos Canto eu e a montaña baila Irene Solà Kalandraka
Oitava 2023 María Alonso Seisdedos Léxico familar Natalia Ginzburg Laiovento

Notas editar

  1. "A Gala do Libro Galego rebautízase baixo o título Premios 'Follas Novas'". Nós Diario. 1 de febreiro de 2021. 
  2. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.