Pranto matricial

libro de poesía de Valentín Paz-Andrade

Pranto matricial é un poemario de Valentín Paz-Andrade, escrito en 1954 e publicado en 1955 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Pranto matricial
Autor/aValentín Paz-Andrade
Ilustrador/aColmeiro, Carlos Maside
Arturo Souto e Manuel Torres
CubertaLuís Seoane
Linguagalego e castelán
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciones Galicia
(Imprenta López)
Data de pub.1955
FormatoRústico; tapa branda con lapelas.
23,1 x 15,1 cm
Páxinas40
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

A obra ten seis poemas: "O que todo galego choraría", "Door da paisaxe", "A terra e os sinos", "Alá lonxe...", "Teu destino" e "Cando ti volvas..." e está adicada a Castelao, ao que Paz-Andrade chama Daniel, que morrera cinco anos antes en Buenos Aires.

Con versión castelán de María de Villarino, a cuberta está ilustrada por Luís Seoane,[1] e no interior contén catro debuxos de Colmeiro, Maside, Souto e Manuel Torres.[2]

O que todo galego choraría

CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da raza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.
[...]
—Valentín Paz-Andrade,
recollido en Pranto Matricial, 1955.[3]

Reedicións editar

Foi reeditado (2ª) en Vigo en 1968 e por Ediciós do Castro (3ª), Sada, en 1975[4], en edición pentalíngüe, co gallo do 25º cabodano de Castelao, cun limiar de Rafael Dieste e a tradución do poemario ao portugués (tradución de Guillerme de Almeida), éuscaro (tradución de Gabriel Aresti), catalán (tradución de Francesc Vallverdú) e castelán (de María de Villarino), ocupando 100 páxinas. ISBN 84-85134-04-4. Desta volta a portada vai a cargo de Xosé Díaz, e no interior contén un gravado dun retrato de Castelao por Carlos Maside, parecido ao debuxo da primeira edición, e catro ilustracións de Arturo Souto, unha delas xa incluída na primeira edición.

En 1986 editouse en éuscaro, traducido por Gabriel Aresti, co título Uma-oncitic negarra, pola editorial Susa de Donostia.

En 1992, formou parte de Pranto Matricial e outros poemas, volume de 92 páxinas da Biblioteca 114 da Editorial Compostela (El Correo Gallego). ISBN 978-84-8064-000-8.

En 2002, foi publicado conxuntamente con Fardel de Eisilado, de Luís Seoane, nun libro de 96 páxinas, editado por La Voz de Galicia na Biblioteca Galega 120. ISBN 978-84-9757-037-4.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar