María de Villarino
María de Villarino, nada en Chivilcoy, Provincia de Buenos Aires, en 1905 ou 1909 e finada en Buenos Aires o 6 de xuño de 1994, foi unha escritora e poeta arxentina.
María de Villarino | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Falecemento | 6 de xuño de 1994 e 1994 |
Nacionalidade | Arxentina |
Ocupación | escritora e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Durante a súa mocidade, obtivo un profesorado en literatura, graduándose na Facultade de Filosofía e Letras da cidade da Prata, cidade na que estivo radicada, desenvolveu practicamente toda a súa obra e onde exerceu como docente. Posteriormente, foi unha asidua colaboradora do xornal arxentino La Nación e das revistas Sur, Nosotros e Humanidades.[1]
Cos poemas reunidos en Tiempo de angustia (1938) obtivo o Premio Municipal e recibiu en 1982 o Gran Premio de Honra da Sociedada Arxentina de Escritores (SADE). Presidiu a SADE no período 1973-75 e o seu relato autobiográfico Luz de memorias obtivo o Premio Nacional en 1948. En 1950 publicou un segundo volume de narracións, La rosa no debe morir, e outras das súas obras poéticas foron: Calle apartada, Nuevas coplas de Martín Fierro, Junco sin sueño, Elegía del recuerdo e Los nombres de la vida: ciento y un sonetos[2].
Traduciu ao castelán o poemario Pranto matricial (Valentín Paz-Andrade, 1955).
NotasEditar
- ↑ "María de Villarino" (en castelán). Páxina oficial da Fundación Konex. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ "Efemérides" (en castelán). Ministerio de Educación. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2011.