Pousada, Baleira

parroquia civil do concello de Baleira

San Lourenzo de Pousada é unha parroquia do concello de Baleira, pertencente ó arciprestado de Valdepedroso. En 2013 tiña seus 126 habitantes distribuídos en oito núcleos de poboación: Airexe (15), O Lago (1), Pousada (16), O Queirogal (25), A Quintá (7), Rego de Pereira (9), Teilalle (3) e Vilar (50).

Pousada
Igrexa parroquial
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°59′07″N 7°14′42″O / 42.98538671, -7.24508529
Área11,31 km²
Poboación124 hab. (2019)
Densidade10,96 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está delimitada ó norte polas freguesías da Esperela e A Fontaneira, ó sur por Penarrubia e Pedrafita de Camporredondo (as dúas do concello de Baralla), ó leste por Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla), e ó oeste por Riomol e Furís (Castroverde). Da súa xurisdición depende o anexo de San Pedro de Esperela. A altitude media é de 699 metros.

Patrimonio

editar

Nesta parroquia hai dous monumentos de carácter relixioso. Na aldea da Quintá está a capela de Santa Bárbara, un pequeno edificio de construción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachotaría e cantería de granito e xisto, e cuberta de lousa a dúas augas. A portada principal é alintelada, cun pórtico sobre ela. No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.

Na aldea de Airexe está a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. O edificio, de planta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de planta cadrada, con tres contrafortes no exterior. Os muros son de cachotería e cantería de granito e xisto, e a cuberta é de lousa a dúas augas. O presbiterio segue a liña da nave central, situándose a menor altura desta. Dispón dunha ruda cornixa ao longo da nave central, cun arco triunfal de medio punto. O frontis ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta unha torre campanario que sobresae, formando un cuberto de planta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capela laterais son de estilo neoclásico o da dereita e barroco o da esquerda.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pousada

editar
Lugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo)

Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar

Parroquias de Baleira

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar