Cubilledo, Baleira

parroquia civil do concello de Baleira

Santiago de Cubilledo é unha parroquia do concello lugués de Baleira. Limita coas parroquias da Braña, Fonteo, Librán, A Fontaneira e A Lastra, xunto co concello da Fonsagrada. Pertence ó arciprestado de Valdepedroso, e tiña 101 habitantes en 2013 agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 4 hab/km². A súa altitude media é de 530 m.

Cubilledo
Cubilledovista.jpg
Vista desde Trembedo
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°03′00″N 7°13′00″O / 43.05, -7.21666667Coordenadas: 43°03′00″N 7°13′00″O / 43.05, -7.21666667
Área24,54 km²
Poboación78 hab. (2019)
Densidade3,18 hab./km²
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

As entidades de poboación son as seguintes: A Andoriña (2), Cabreira (9), Castrelo (1), O Castro (13), Cubilledo (1), Esgrade (7), A Espiña (abandonada), Ladride (2), Padornelo (4), O Real de San Paio (3), San Paio (10), Suagranda (1), Trembedo (6), Os Vilares (3), Vilarín de Cubilledo (30) e Vilauriz (9).

PatrimonioEditar

No lugar do Castro hai unha casa que polo seu aspecto pode ser o que queda dunha torre que existiu no mesmo lugar, e que pertencía á xurisdición señorial do conde de Amarante.

Igrexa parroquialEditar

Foi construída ó longo dos séculos XVIII e XIX. A planta é de cruz latina, dunha soa nave rectangular. O presbiterio é rectangular e de pequenas dimensións, ó que se adosa na parte posterior a sancristía, tamén de planta rectangular. Na portada principal ten un alboio de planta rectangular. Os muros son de cachotaría e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas, tres e catro augas. O arco triunfal é de medio punto, ó igual que os dous que delimitan as capelas laterais, que son cadradas e de reducidas dimensións. Tanto a porta lateral coma a principal son alinteladas, esta última cuberta cun cuberto rectangular, delimitado por tres arcos de medio punto, un deles cego. Culmina no frontis unha espadana de dous corpos, con dous vans no inferior e un no superior.

Galería de imaxesEditar

Capela de CabreiraEditar

É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría e lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior non conserva ningún retablo, só unha imaxe moderna da Divina Pastora.

Capela de CastreloEditar

É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior conserva un retablo de estilo barroco.

Capela do CastroEditar

É unha pequena capela de planta rectangular, con ábsida da mesma forma e unha única porta de acceso. Os muros son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas e catro augas. A portada é alintelada e remata no frontis cunha espadana dun só van. Conserva no interior un retablo de estilo neoclásico.

Capela de VilarínEditar

É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada, e conserva no interior un retablo moderno no altar maior.

Capela de VilaurizEditar

É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada e sen retablo no interior.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CubilledoEditar

Lugares da parroquia de Cubilledo no concello de Baleira (Lugo)

A Andoriña | Cabreira | Castrelo | O Castro | Cubilledo | Esgrade | A Espiña | Ladride | Padornelo | O Real de San Paio | San Paio | Suagranda | Trembedo | Os Vilares | Vilarín de Cubilledo | Vilauriz

Parroquias de BaleiraEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar