A Degolada, Baleira
San Lourenzo da Degolada é unha parroquia do concello de Baleira. Pertence o arciprestado de Valdepedroso e ten unha poboación de 29 habitantes agrupados en 4 entidades, cunha densidade media de 7,2 hab./km² no 2013.
A Degolada | |
---|---|
![]() Pombal na Degolada. | |
Concello | Baleira[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°03′00″N 7°10′00″O / 43.05, -7.16666667Coordenadas: 43°03′00″N 7°10′00″O / 43.05, -7.16666667 |
Área | 4,02 km² |
Poboación | 29 hab. (2013) |
Densidade | 7,21 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte con Paradavella (no concello da Fonsagrada), ao sur con Freixo (tamén na Fonsagrada), ao leste co concello da Fonsagrada e, ao oeste coa Lastra. As entidades de poboación son O Castro (7), O Couto (16), A Degolada (3) e Eiros (3). Ten unha altitude media de 740 msnm.
PatrimonioEditar
Consérvanse vestixios da cultura castrexa nunha ladeira próxima a aldea da Degolada. A parroquia está atravesada polo camiño primitivo do Camiño de Santiago.
A igrexa parroquial de San Lourenzo da Degolada está na aldea do Couto. O edificio, de planta rectangular de construción moderna, cuxas remodelacións recubriron o edificio antigo, aínda que conserva elementos da construción primitiva. Conserva no altar maior un retablo sinxelo de estilo barroco.
Galería de imaxesEditar
Notas
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da DegoladaEditar
Lugares da parroquia da Degolada no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
O Castro | O Couto | A Degolada | Eiros |