A Lastra, Baleira
San Xoán da Lastra é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 68 poboadores agrúpanse en dúas entidades: A Lastra (56) e O Sollío (12) no 2013.
A Lastra | |
---|---|
Vista da Lastra. | |
Concello | Baleira[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°03′02″N 7°11′00″O / 43.0506, -7.1833 |
Área | 4,84 km² |
Poboación | 62 hab. (2019) |
Densidade | 12,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTen unha superficie de 4,84 km². Limita ao norte con Cubilledo e A Degolada, ao sur coa Fontaneira, ao leste con Freixo (A Fonsagrada) e ao oeste con Cubilledo e A Fontaneira. Esta parroquia formou parte da antiga xurisdición de Baleira, xunto con Cubilledo, Degolada e Librán, e pertence ó arciprestado de Monterroso.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Xoán da Lastra ten planta rectangular, de corte popular. Os muros son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas. No altar maior non conserva retablo, xa que o orixinal, de estilo neoclásico e moi sinxelo, foi trasladado á sancristía.
Galería de imaxes
editar-
Vista dende A Lastra. Hortas nos campos que miran ó norte. Aquí forma un val o Rego da Bouza, baixo o Penedo Eiros á dereita e en medio A Pena Chorosa, o Pico Ribón e o Monte debaixo das Penas. Á esquerda está O Chorco.
-
Vista dende A Lastra. Hortas de verzas nos campos que miran ó sur, no suco profundo que forma o val do Rego de Salgueiro, coa Serra da Lastra á esquerda e A Fontaneira á dereita. Máis o fondo e no medio está A Serra da Modorra e aínda máis lonxe A Serra das Pandas cos Altos de Castonso o Pico de Barreiros.
-
A Lastra.
-
Paisaxe dende A Lastra.
Notas
Lugares e parroquias
editarLugares da Lastra
editarLugares da parroquia da Lastra no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|