A Esperela, Baleira
San Pedro da Esperela é unha parroquia do concello de Baleira. En 2013 tiña 317 habitantes agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 21 hab/km².
A Esperela | |
---|---|
Albergue de peregrinos no Cádavo, A Esperela, Baleira | |
Concello | Baleira[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°00′00″N 7°14′00″O / 43, -7.23333333 |
Área | 14,63 km² |
Poboación | 285 hab. (2019) |
Densidade | 19,48 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As 16 entidades de poboación son O Cádavo (161), O Candín (3), O Castro de Valdería (abandonado), Cimadevila (18), Corveira (16), A Esperela (10), A Lóngara (abandonado), Os Penedos (abandonado), Perrelos (7), Pradeda (9), Puñago (23), Sanguñedo (7), O Touzón (4), Valdería (25), Valín (8) e Vilaselle (26).
Xeografía
editarLimita ó norte coas parroquias de Librán e A Fontaneira; con Pousada e o concello de Baralla ó sur; polo leste co concello da Fonsagrada; e polo oeste coas parroquias da Frairía e Masoucos (Castroverde).
A altitude media é de 680 metros, sendo a altitude máxima de 730 metros, no Cádavo.
A capital de concello, O Cádavo, dispón, ademais doutros edificios, da Biblioteca Pública Municipal.
Historia
editarNo lugar de Castro fixéronse achados prehistóricos do Castro mesmo nome e en Vilaselle é destacable a pedra de armas da casa dos Luaces.
Patrimonio
editarSobresae a igrexa parroquial de San Pedro da Esperela, construída na aldea do mesmo nome. É un edificio de planta cadrada, que se divide no interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileiras de piares. O presbiterio é de planta rectangular, e na parte posterior deste ten a sancristía, tamén de planta rectangular. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A nave central sepárase das laterais por medio dunha aliñación de catro piares sobre os que descansa unha arcada corrida de tres arcos de medio punto, sobre os que se apoia a cuberta. O frontis está rematado por unha torre de tres corpos, o segundo cego e no terceiro con catro vans. O arco triunfal é de medio punto, con dobre aresta, ten trazas, o igual que os modillóns que se conservan na cornixa, de pertencer a primitiva construción románica.
Lugares e parroquias
editarLugares da Esperela
editarLugares da parroquia da Esperela no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
O Cádavo | O Candín | O Castro de Valdería | Cimadevila | Corveira | A Esperela | A Lóngara | Os Penedos | Perrelos | Pradeda | Puñago | Sanguñedo | O Touzón | Valdería | Valín | Vilaselle |
Galería de imaxes
editar-
Igrexa parroquial
-
Fachada principal
Parroquias de Baleira
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Esperela, Baleira |