Vilar, Pousada, Baleira
Vilar é a aldea con maior número de habitantes dos 8 núcleos de poboación da parroquia de San Lourenzo de Pousada, sendo tamén a segunda maior aldea de todo o concello de Baleira. Dista uns 3,5 quilómetros da cabeceira do concello, O Cádavo.
Vilar | |
---|---|
Parroquia | Pousada |
Concello | Baleira |
Coordenadas | 42°59′14″N 7°13′58″O / 42.987209457542, -7.232823621604Coordenadas: 42°59′14″N 7°13′58″O / 42.987209457542, -7.232823621604 |
Poboación | 44 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA actividade da poboación é maiormente gandeira e agrícola. Situada na parte superior do chamado Val do Pedroso, entre a serra serra da Legúa (960 m) e Vilar-Quintá (650 m), está vetada polos arroios de Pacios e o da Esperela, tendo unha orografía case chá. No tocante ás comunicacións terrestres, a aldea está atravesada pola estrada LU-710, que a comunica a 11 km coa A-6 (no quilómetro 465) e coa cabeza do concello a 3,5 km.
Patrimonio
editarO edificio máis destacado é o antigo colexio público, de planta rectangular de dúas plantas (80 m² por planta), construído en granito e pedra a dúas augas e artesoados en madeira. A fachada principal presenta na segunda planta unha galería de madeira sustentada por catro columnas hexagonais de granito. Recentemente foi restaurada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pousada
editarLugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar |