Pedrafita de Camporredondo, Baralla
San Xoán de Pedrafita de Camporredondo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Delimitada polas parroquias da Fontaneira (do concello de Baleira) polo Norte; Penarrubia polo Sur; Córneas (tamén de Baleira) polo leste e Pousada polo Oeste. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación,o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 23 homes e 22 mulleres.
Pedrafita de Camporredondo | |
---|---|
Igrexa parroquial de Pedrafita de Camporredondo | |
Concello | Baralla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°57′34″N 7°12′31″O / 42.95958333, -7.20861111 |
Poboación | 41 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarTrala división territorial de España en 1833 a parroquia de Pedrafita de Camporredondo pasou a formar parte do concello de Neira de Rei.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pedrafita de Camporredondo
editarLugares da parroquia de Pedrafita de Camporredondo no concello de Baralla (Lugo) | |
---|---|
Biduedo | Camporredondo | Pedrafita | Vilachá | Teixeira de Arriba |
Parroquias de Baralla
editar