Berselos, Baralla

parroquia civil do concello de Baralla

San Martiño de Berselos é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 53 habitantes (29 homes e 24 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 56 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 44 habitantes, sendo 25 homes e 19 mulleres.

Berselos
Igrexa de San Martiño de Berselos.
ConcelloBaralla[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°50′51″N 7°17′18″O / 42.8474, -7.2884
Área4,41 km²
Poboación35 hab. (2019)
Densidade7,94 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de San Martiño é un notable exemplo do románico galego. De planta rectangular e cuberta de lousa a dúas augas[2], foi construída a finais do século XII e comezos do XIII[3]. No pedestal dunha das columnas internas da portada hai unha inscrición que data a igrexa e nomea ao seu construtor: "PELAGIUS FECIT OP", "Paio fixo esta obra"; segundo esta inscrición, a construción sitúase entre 1280 e 1310[2].

A ábsida, máis pequena e baixa ca nave, é semicircular con dúas seteiras, que non son as únicas. O tímpano, historiado sobre batentes[3], apoiase en ménsulas apoiadas en xambas[2], con arquivoltas dóricas rodeadas de xadrezado[3] en catro columnas cuxos capiteis teñen estrías con arrinques de volutas[2]. Sobre a porta principal hai unha pequena fiestra con columnas aos lados cuxos capiteis teñen motivos vexetais[3]. No muro da esquerda ábrese outra porta que ten un arco de medio punto polo interior e alintelado polo exterior. Dúas ménsulas baixo a espadana indican a existencia dun antigo teito[2].

Na cúpula interior da ábsida hai unha pintura mural que representa a escena do xuízo final. O mural foi descuberto en maio de 2005 por Vania López Arias, especialista en restauración que se encontraba presupostando as obras de restauración do retablo. No centro está un Cristo Pantocrátor sedente e en actitude de bendicir. Por riba del hai un sol co anagrama JHS (Cristo Salvador). Flanqueando a Cristo están dous anxos tocando a trompeta e, debaixo deles, dous orantes. Na parte media hai figuras de resucitados e toda a parte baixa é un xadrezado que completa a decoración, coma na igrexa de Santa María de Melide[4].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Berselos

editar
Lugares da parroquia de Berselos no concello de Baralla (Lugo)

Berselos | Penouta

Parroquias de Baralla

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baralla

Aranza (Santiago) | Arroxo (San Xoán) | Baralla (Santa Mª Madanela) | Berselos (San Martiño) | Costantín (Santa María) | Covas (Santiago) | Ferreiros (San Pedro) | Francos (San Salvador) | Guimarei (San Tomé) | Laxes (San Pedro) | Lebruxo (San Tomé) | Lexo (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Pedrafita de Camporredondo (San Xoán) | Penarrubia (Santa María) | Piñeira (San Salvador) | Pol (Santa María) | Pousada (Santiago) | Recesende (San Cirilo) | Riba de Neira (Santalla) | San Martín de Neira de Rei (San Pedro) | San Miguel de Neira de Rei (San Miguel) | Sixirei (San Pedro) | Sobrado de Picato (Santa Cruz) | Vale (San Xurxo) | Vilachambre (Santa Mariña) | Vilarpunteiro (Santa Marta) | Vilartelín (Santa Eufemia)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Colectivo Patrimonio dos Ancares (ed.). "Patrimonio relixioso da comarca dos Ancares". Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Turgalicia (ed.). "Igrexa Parroquial de San Martiño de Berselos". Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  4. La Voz de Galicia, ed. (30/4/2007). "Descubren pinturas murales en una iglesia románica del siglo X de Baralla" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2015.