Costantín, Baralla
Santa María de Costantín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (60 mulleres e 59 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 48 homes e 53 mulleres.
Costantín | |
---|---|
Igrexa parroquial de Costantín | |
Concello | Baralla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°53′35″N 7°14′30″O / 42.89302778, -7.24155556 |
Área | 5,54 km² |
Poboación | 85 hab. (2019) |
Densidade | 15,34 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Constantín debe o seu nome ó río que a baña, pequeno regato que circula entre prados e brañas así como fentos e demais vexetación típica dos bosques de castiñeiros. Preto do centro da aldea atópanse dous castiñeiros que contan con máis dun século de idade.
Pódense ver aguias sobrevoando os prados e bosques maioritariamente formados por castiñeiros e carballos que dan acubillo a multitude de pequenos animais coma esquíos, ratos de campo, e outros. A dous quilómetros da aldea tense visto corzos en zonas húmidas con charcos que actúan coma bebedoiros en épocas de calor.
Notas
Lugares e parroquias
editarLugares de Costantín
editarLugares da parroquia de Costantín no concello de Baralla (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Baralla
editar