Portal:Anarquismo/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal anarquismo:

1 editar

Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada Kovno), Imperio ruso, o 27 de xuño de 1869 e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX na América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista.

De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York (Estados Unidos) onde coñeceu o anarquismo e do que formaría parte trala revolta de Haymarket. En Nova York, Goldman convértese nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista e anticapitalista e redacta artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical. Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre a anticoncepción. En 1906, Goldman fundou o xornal anarquista Mother Earth (en galego, Nai Terra).

Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade:


2 editar

William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario.

Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade.


3 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/3

4 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/4

5 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:Anarquismo/Biografía destacada/10