Ponte da Amizade

ponte entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira (Portugal)

Coordenadas: 41°57′05″N 8°44′48″O / 41.951388888889, -8.74675

A ponte da Amizade une o concello galego de Tomiño co portugués de Vila Nova de Cerveira cruzando o Río Miño. Na parte galega conecta coa PO-552 e a CG-4.2 na rotonda de Goián.

Ponte da Amizade
Localización
RíoMiño
ConcelloTomiño-Vila Nova de Cerveira
ProvinciaPontevedra-Distrito de Viana do Castelo
Características
Construción10 de xuño de 2004
Lonxitude433 m
Ancho15,5 m

Historia editar

As obras iniciáronse en xuño de 2002 cun orzamento de 6 460 613,92 €, financiado a partes iguais entre a Xunta de Galicia e o goberno portugués; a ponte foi inaugurada o 10 de xuño de 2004[1][2]. Permite o tránsito de vehículos e persoas sen teren que coller transbordadores de Goián-Vila Nova de Cerveira, cuxa actividade foi interrompida pouco tempo despois e unicamente segue en funcionamento o transbordador A Guarda-Caminha.

Notas editar

  1. "inaguración" (en castelán). p. la voz de galicia. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. "quita travesia sobre o rio Miño" (en portugués). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar