Poher

anigo estado bretón

Poher, en bretón Poc'hêr, é un país tradicional da Bretaña coñecido na Alta Idade Media e situado na Bretaña centroccidental, entre as montañas Arrée e as montañas Negras. Tamén foi chamado "Alto Cornualles" e designado, durante varias décadas, polos nomes de País Centro Oeste da Bretaña e Kreiz Breizh en bretón. O pagus Castri ou Paou-Kaer, ou Poher era un pagus, subdivisión da antiga Dumonia (en latín Dumnonia) que designaba no século VI un reino bretón situado no suroeste de Inglaterra.

Mapa dos países bretóns. En verde escuro, territorio dos osismos

O termo utilízase a partir do século VIII na haxiografía bretoa para designar unha parte da península Armoricana.[1]

Xeografía e historia

editar
 
Restos do antigo acueduto galorromano de Vorgium, actual Carhaix, no territorio de Poher

Poher foi un principado, ou condado, que apareceu a principios da Idade Media na Bretaña, e cuxa capital era a cidade galorromana de Vorgium, capital dos osismos, que se converteu en Carhaix tras a caída do Imperio romano. As escavacións arqueolóxicas desde 1999 mostran que, se a cidade perdeu a súa función de capital a partir do século IV, porén seguiu sendo un bastión importante e unha encrucillada estratéxica.

Os límites deste territorio foron moi variábeis ao longo da historia, tendendo a reducirse co paso do tempo. O historiador Hubert Guillotel fainos coincidir coa diocese de Cornualla (actualmente diocese de Quimper).[2]

Segundo Dom Gallois, relixioso beneditino do século XVII, incluía a zona comprendida entre as Montañas Negras e os Montes de Arrée.[3] O historiador André Chédeville considera que chegaba até o Canal da Mancha, argumentando que ao principio era un pagus máis estreito e extenso cara ao norte, pero que na época carolinxia estaba restrinxido e dividido en dúas partes (Quimper e Treguier).[2]

Segundo Dom Gallois, a mediados do século IX o condado de Poher foi desmembrado polo seu conde e reunido co da Bretaña, no século X, baixo Alan II. O último conde, Hoël, casou con Havoise, filla de Alan III, en 1066.[3]

Nun pouillé (rexistro eclesiástico) do século XIV, Poher segue sendo un dos dous arcediagados da diocese de Cornualla (o outro chamábase Cornualla). Segundo algúns, o Poher representaba a maior parte da diocese, chegando a afirmar que era o nome carolinxio que indicaba ao Cornualla bretón.[4]

Lista dos condes de Poher

editar
  • Nominoe, conde en 826, fíxose proclamar rei da Bretaña en 841.
  • Riwallon ou Rivelin, presunto parente (quizais irmanastro) de Erispoe.
  • Alan de Poher (Alan I da Bretaña).
  • Mathuedoi I (Mathuedoi de Poher, 907-930), que casou coa filla de Alan I.
  • Alan II chamado "Barbatorta" ou "a raposa" (en bretón, al louarn), fillo de Mathuedoi I.
  • Drogón, o único fillo lexítimo de Alan II, que foi un neno durante todo o seu reinado e cuxos rexentes foron, primeiro, seu tío Teobaldo I de Blois e, despois, seu padrasto Fulco II de Anjou, que casara coa viúva de Barbatorta, Adelaida de Blois, filla de Teobaldo I. Drogón morreu en circunstancias sospeitosas, debido a un baño xeado.
  • Hoël, que casou con Havoise, filla de Alan de Nantes.

A xenealoxía dos condes de Poher superponse parcialmente coa dos duques da Bretaña.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Chédeville, André & Hubert Guillotel (1984): "La Bretagne des saints et des rois (Ve-Xe siècles)" Rennes: Ouest-France Université. ISBN 2-8588-2613-7.
  • Quaghebeur, Joëlle (2001): La Cornouaille du IXe-X au XIIe-X siècle. Quimper: Société archéologique du Finistère. ISBN 2-9067-9005-2.
  • Kerboul-Vilhon, Christiane (2004): Petite histoire du grand Poher, Coop Breizh
  • Dom Gallois (1690, edición de 2004). Genealogie de la Maison de Quelen. 

Outros artigos

editar
  1. Bernard Merdrignac (2010): "Présence et représentations de la Domnonée et de la Cornouaille de part et d’autre de la Manche", Annales de Bretagne et des pays de l’Ouest, nº 117-4,‎ pp. 83–119.
  2. 2,0 2,1 Chédeville & Guillotel 1984.
  3. 3,0 3,1 Dom Gallois, p. 19.
  4. Quaghebeur 2001.