Os osismos (en latín, Osismii) foron un pobo galo que viveu na Armórica, da que ocupaban unha boa parte do seu occidente.

Mapa dos pobos galos da actual Bretaña. En verde escuro, territorio dos osismos.

Nome editar

A súa primeira mención, como Ὀστίσμιοι Ostímioi, débese ao xeógrafo e viaxeiro da Antiga Grecia Piteas, no século IV a.C., que os situaba ao final da península de Kabaïon, que hoxe en día non se pode identificar. O seu nome (Ostímioi) significa "o máis lonxao" ou "aqueles que viven no fin do mundo". Seu territorio correspóndese en termos xerais ao moderno departamento francés de Finistère, cuxo nome reflicte o mesmo significado en latín Finis Terræ, isto é, a final da Terra, do que tamén deriva a galega Fisterra.

Segundo Estrabón, o explorador Piteas, que viaxou ao noroeste de Europa a finais do século IV a.C., informou da variante Ὠστιμίους Ōstimíous, que parece ser a forma máis antiga do nome, documentada antes de que ocorrera o coñeocido cambio de son galo: st-> -ss-.[1]

En segundo lugar, están os Osismii (aos que Piteas chamou os Ostimii), que viven nun promontorio que se proxecta bastante lonxe no océano, aínda que non tan lonxe como din el e os que confiaron nel.
Estrabón, Geographika, Libro IV, 4, 1.

Historia editar

 
Moedas dos osismios
 
Restos do antigo acueduto galorromano de Vorgium, actual Carhaix, no territorio de Poher

Establecidos desde a Idade do Ferro, Ptolomeo dixo que a cidade principal do pobo dos osismios era a de Vorganium (hoxe Carhaix-Plouguer).

Os osismios chegaron aos tempos romanos, e aparecen nos textos de Xulio César, Plinio o Vello e Estrabón. Sometéronse a César durante a guerra das Galias, no 57 a.C. Ao ano seguinte aliaronse cos vénetos na guerra destes contra César, pero foron derrotados. Convertéronse nunha civitas romana, palabra que denota unha unidade administrativa semiautónoma de nivel medio.[2]

A súa identidade sobreviviu até a Antigüidade tardía, pero a súa romanización desapareceu.

Na Alta Idade Media, o territorio que ocuparan os osismios, pagus Castri ou Paou-Kaer, ou Poher era un pagus, subdivisión da antiga Dumonia (en latín Dumnonia) que designaba no século VI un reino bretón situado no suroeste de Inglaterra. O termo utilizouse a partir do século VIII na haxiografía bretoa para designar unha parte da península Armoricana.[3] Poher foi un condado, que apareceu a principios da Idade Media na Bretaña, e cuxa capital era a cidade galorromana de Vorgium, capital dos osismos, que se converteu en Carhaix tras a caída do Imperio romano. As escavacións arqueolóxicas efectuadas desde 1999 mostran que, se a cidade perdeu a súa función de capital a partir do século IV, porén seguiu sendo un bastión importante e unha encrucillada estratéxica. Os límites deste territorio foron moi variábeis ao longo da historia, tendendo a reducirse co paso do tempo.
O historiador Hubert Guillotel fainos coincidir coa diocese de Cornualla (actualmente diocese de Quimper).[4]

Notas editar

  1. Delamarre, Xavier (2003): Dictionnaire de la langue gauloise: Une approche linguistique du vieux-celtique continental. Errance. ISBN 978-2-8777-2369-5.
  2. Civitas, en William Smith (1875):A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Londres: John Murray.
  3. Bernard Merdrignac (2010): "Présence et représentations de la Domnonée et de la Cornouaille de part et d’autre de la Manche", Annales de Bretagne et des pays de l’Ouest, nº 117-4,‎ pp. 83–119.
  4. Chédeville & Guillotel 1984.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chédeville, André & Hubert Guillotel (1984): "La Bretagne des saints et des rois (Ve-Xe siècles)" Rennes: Ouest-France Université. ISBN 2-8588-2613-7.
  • Quaghebeur, Joëlle (2001): La Cornouaille du IXe-X au XIIe-X siècle. Quimper: Société archéologique du Finistère. ISBN 2-9067-9005-2.
  • Smith, Julia M. H. (1992): Province and Empire: Brittany and the Carolingians. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-8285-4.

Outros artigos editar