Pica (xénero)

xénero de aves

Pica é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que comprende de tres a sete especies, segundo os autores, denominadas comunmente pegas en galego.[2]

Características editar

Son córvidos de tamaño mediano, corpo robusto, cola longa e ás curtas, adaptadas especialmente para que o animal manobre con facilidade entre árbores e arbustos. Miden en torno aos 50 cm de lonxitude, dos cales a metade corresponde á súa longa cola.[3]

A diferenza doutros córvidos, ademais da negra presentan gran parte do seu plumaxe de cor branca, especialmente no ventre e nas ás, e algunhas zonas presentan iridiscencias de tons azuis.

Son aves omnívoras.[1] A súa dieta está composta basicamente de froitos, sementes e insectos, aínda que tamén é común velas alimentándose de preas, ovos, polos e aves e mamíferos de pequieno tamaño e, ocasionalmente, tamén de lixo dos vertedoiros (principalmente en inverno, cando escasea o alimento ou é máis difícil de conseguir).

Ao igual que outros xéneros de córvidos está moi estendido, ocupando a maior parte da rexión holoártica, coa excepción do leste de Norteamérica, estndo tamén ausente das zonas máis frías e desérticas.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson, na páxina páxina 30 do volume 1,[4] da súa obra Ornithologie ou méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. Ouvrage enrichi de figures en taille-douce. Tome I. París: Bauche. (en francés),(en latín)

Etimoloxía editar

O nome do xénero, Pica, deriva do latín pica,- ae, 'pega'.[5]

Especies editar

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), recoñécense no xénero tres especies:[6]

Porén, investigacións recentes (2003) puxeron en dúbida a taxonomía de Pica.[7] P. hudsonia e P. nuttalli son os parentes máis achegados entre si, e segundo algúns autores serían conespecíficas; pero son especies diferentes. E polo menos a raza coreana de P. pica tamén debería considerarse unha especie separada.

E un estudo de filoxenia molecular publicado en 2018 descubriu que a até daquela chamada pega euroasiática (Pica pica) coprendía varias especies diferentes, incluíndo Pica mauritanica, P. asirensis e P. serica.

Por iso, segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional de 2018, ás tres especies citadas anteriormente débense engadir as catro seguintes:[8]

Na actualidade (2021), a organización Global Biodiversity Information Facility (GBIF) considera as seguintes oito especies (unha delas extinta, descrita e n 2001):[4]

Paleontoloxía editar

A especie máis antiga do xénero Pica, Pica mourerae, coñécese a partir de fósiles encontrados en estratos do límite plioceno-plistoceno en Mallorca.[1][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pica Brisson 1760 en Fossilworks.
  2. pega, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Ericson, Per G. P. et al 2005.
  4. 4,0 4,1 Pica Brisson, 1760 no GBIF. Consultada o 9 de decembro de 2021.
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 305. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Pica Brisson, 1760 no ITIS.
  7. Lee, Sang-im et al. 2003.
  8. Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J. & Lei, F. (2017): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1-14. (Texto completo).
  9. Bartomeu Seguí (2010): "A new species of Pica (Aves: Corvidae) from the Plio-Pleistocene of Mallorca, Balearic Islands (Western Mediterranean). En: Geobios 34 (3): 339–347.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ericson, Per G. P.; Jansén, Anna-Lee; Johansson, Ulf S. & Ekman (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data". Journal of Avian Biology 36: 222-234. PDF Texto completo.
  • Lee, Sang-im; Parr, Cynthia S.; Hwang,Youna; Mindell, David P. & Choea, Jae C. (2003): "Phylogeny of magpies (genus Pica) inferred from mtDNA data. Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 250-257. PDF Texto completo.
  • Song, G. et al. (2018): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 2018: e01612 Resume.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar