Pica mauritanica é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica.

Pica mauritanica

Pica mauritanica en Marrakech, Marrocos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. mauritanica
Nome binomial
Pica mauritanica
Malherbe, 1845
Área de distribución de Pica mauritanica
Área de distribución de Pica mauritanica

Área de distribución de Pica mauritanica
Pica pica mauritanica - (MHNT)

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1845 polo maxistrado e naturalista afeccionado francés Alfred Malherbe.[2]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Pica pica mauritanica Malherbe, 1845
  • Pica pica mauretanica Malherbe, 1845

Etimoloxía editar

Para a do xénero, ver Pica.

O epíteto específico, mauritanica, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino mauritanicus, -a, -um, "de Mauritania", en alusión á súa área de distribución, nas provincias do Imperio romano Mauritania Tingitana e Mauritania Cesariense, no actual Magreb.

Características editar

Pódese distinguir da pega común (Pica pica, da que en tempos foi considerada unha subespecie), por ter unha pequena carúncula azul, lisa, tras o ollo, a zona branca do ventre máis curta, as ás máis curtas e a cola máis longa.[3]

Distribución editar

Pica mauritanica é unha especie endémica do noroeste de África, estendéndose, nunha distribución descontinua, desde o Sáhara Occidental até Tunisia, encontrándose tamén en Marrocos, Alxeria e nos enclaves españois do norte de África. (Ver mapa).

Filoxenia editar

Un estudo de filoxenético publicado en 2017 descubriu que Pica mauritanica diverxeu a partir dun antepasado común co clado que contén a todos os demais membros do xénero Pica.[4]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio do tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat e o tamaño da poboación, a que a tendencia de poboación parece ser estable e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio de tendencia poboacionale aínda que o tamaño da poboación non se cuantificou debe ser grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel, cualifica o staus da especie como LC (Pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Pica pica na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Pica mauritanica Malherbe, 1845 no BioLib. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
  3. del Hoyo, J.; Collar, N.; Christie, D.A. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. "Maghreb Magpie (Pica mauritanica)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  4. Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J.; Lei, F. (2017). "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar