Partido Comunista (homónimos)
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Con Partido Comunista podemos facer referencia a un partido que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. Dentro desta ideoloxía atopamos multitude de partidos políticos de todo o mundo que empregan esa denominación:
- Partido Comunista Alemán (DKP), fundado en 1968.
- Partido Comunista de Alemaña (KPD), partido que mudou o nome a Partido Socialista Unificado de Alemaña e finalmente se disolveu en 1990.
- Partido Comunista Bolxevique Mexicano (PCB), fundado en 1963 por escindidos do Partido Comunista Mexicano.
- Partido Comunista Bolxevique de Ucraína, fundado en 1918 e renomeado en 1952 Partido Comunista de Ucraína.
- Partido Comunista da China (PCC), partido único na República Popular Chinesa.
- Partido Comunista de España (PCE), integrado en Izquierda Unida.
- Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), escisión do PCE formada en 1968, en 1980 fusionouse co Partido Comunista de los Trabajadores para formar o Partido Comunista de España Unificado.
- Partido Comunista de España (marxista-leninista), PCE (m-l), fundado en 1964 como escisión do PCE e disolto en 1992.
- Partido Comunista de España (reconstituído), PCE (r), formado en 1974.
- Partido Comunista de España Unificado (PCEU), resultado da fusión do Partido Comunista de los Trabajadores e o Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos), que posteriormente deu lugar ó Partido Comunista de los Pueblos de España.
- Partido Comunista de Estonia (EKP), ponla do PCUS en Estonia, que se disolveu e adoptou outro nome en 1991.
- Partido Comunista Francés (PCF), fundado en 1920.
- Partido Comunista de Galicia (PCG), forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida.
- Partido Comunista de Grecia (KKE), fundado en 1918.
- Partido Comunista da India, fundado en 1920.
- Partido Comunista da India (marxista), formado en 1964 dunha escisión do Partido Comunista da India.
- Partido Comunista da India (maoísta), fundado en setembro de 2004 resultado da fusión entre o Centro Comunista Maoísta da India e mailo Partido Comunista da India (marxista-leninista) Guerra Popular.
- Partido Comunista Italiano (PCI), formado en 1921 como Partido Comunista de Italia, disolveuse en 1991.
- Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), partido galego nado en 1986 como escisión da Unión do Povo Galego e expulsado en 1987 do Bloque Nacionalista Galego.
- Partido Comunista Mexicano (PCM), fundado en 1911 co nome Partido Socialista Obrero, mudouno en 1919 e en 1981 fusionouse con outros tres partidos para dar o Partido Socialista Unificado de México.
- Partido Comunista Obrero Español (PCOE), formado en 1973 e fusionado en 2000 co Partido Comunista de los Pueblos de España.
- Partit Comunista del País Valencià, federación do PCE no País Valenciano.
- Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), formado en 1984.
- Partido Comunista Portugués (PCP), fundado en 1921.
- Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), fundado en 1984.
- Partido Comunista Romanés (PCR), fundado en 1921.
- Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK), formado en 2002 e ilegalizado pola xustiza española en 2008.
- Partido Comunista de los Trabajadores (PCT), xurdido en 1977 como escisión do Partido Comunista de España, e fusionado en 1980 co Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) para formar o Partido Comunista de España Unificado.
- Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP), fundado en 1976.
- Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS).
- Partit Comunista dels Valencians, escisión do Partit Comunista del País Valencià e integrado en 1991 no Moviment de Defensa de la Terra.
- Partido Comunista de Vietnam.