Partido Comunista de Estonia
O Partido Comunista de Estonia (en estoniano: Eestimaa Kommunistlik Partei, EKP) foi a póla rexional do Partido Comunista da Unión Soviética en Estonia, o partido único da República Socialista Soviética de Estonia. O Partido Comunista de Estonia formouse en 1920, cando Estonia se integrou na Unión Soviética en 1940 converteuse no brazo rexional do PCUS e como tal foi o único partido permitido e o que gobernou Estonia ata que en 1990 houbo eleccións libres na república que conduciron á independencia de Estonia en 1991 e a desaparición do EKP que se transformou no Partido Democrático do Traballo de Estonia en 1992, partido testemuñal na vida política estonia agora co nome de Partido da Esquerda Estonia.
Partido Comunista de Estonia | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Partido Comunista e partido comunista das repúblicas da Unión Soviética |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo e comunismo |
Data de fundación | 5 de novembro de 1920 |
Data de disolución | 22 de agosto de 1991 |
Fundador(es) | Viktor Kingissepp |
En | República Socialista Soviética de Estonia |
País | Unión Soviética |
[ editar datos en Wikidata ] |