Partit Comunista del País Valencià
O Partit Comunista del País Valencià (Partido Comunista do País Valenciano) é o nome que tomaron os comunistas valencianos integrados no Partido Comunista de España en 1976 ao adoptar un programa de contido socialista e nacionalista e unha estrutura federal. É a actual federación do Partido Comunista de España na Comunidade Valenciana. A comezos dos oitenta unha crise interna supuxo a saída dos sectores renovadores por un lado e dos nacionalistas polo outro; algúns destes últimos acabaron en Agrupament d'Esquerres del País Valencià (AEPV) e outros fundaron o Partit Comunista dels Valencians (PCV).
Partit Comunista del País Valencià | |
---|---|
Acrónimo | PCPV |
Tipo | Partido Comunista e partido político español |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo |
Data de fundación | 1976 |
Sede | Valencia |
País | España |
Na rede | |
http://www.partitcomunista.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1987 o PCPV integrouse na coalición Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) xunto a outras formacións políticas socialistas e republicanas.
A actual[cando?] secretaria xeral é Marga Sanz.
As súas xuventudes denomínanse Joventut Comunista del País Valencià (JCPV).