Paralictíidos
Paralictíidos Paralichthyidae Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Paralichthys albigutta | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||
|
A dos paralictíidos (Paralichthyidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos.[1]
Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[2]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno, durante o terciario superior.[3]
Varias das súas especies teñen certa importancia pesqueira, tanto para a pesca comercial coma a deportiva.
Etimoloxía
editarO nome da familia, Paralichthyidae, está formado sobre a base do xénero tipo, Paralichthys, coa desinencia do latín científico ´-idae, empregada para formar os nomes das familias de animais.
O nome Paralichthys, pola súa parte, está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e " costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes que viven na beira do mar".
Características
editar- Morfoloxía
- Son peixes planos sinistrios, é dicir, que teñen os dous ollos no lado esquerdo da cabeza.
- Non teñen raios espiñentos nin nas aletas pectorais nin nas pelvianas.
- A base das aletas pelviana é curta e case simétrica.[2]
- Reprodución
A desova prodúcese con abandono da posta dos ovos, os cales teñen na xema un único glóbulo de aceite.[2]
Taxonomía
editarSegundo o WoRMS, a familia foi establecida en 1810 polo ictiólogo inglés Charles Tate Regan en "The origin and evolution of the teleostean fishes of the order Heterosomata", Annals and Magazine of Natural History 8: 484-496. Porén, outros autores atribúenlle a súa autoría, en 1937 ao francés Paul Chabanaud.[Cómpre referencia]
Na actualidade recoñécense n a familia os seguintes xéneros.[1][2]
- Ancylopsetta (Gill, 1864)
- Cephalopsetta (Dutt & Rao, 1965)
- Citharichthys (Bleeker, 1862)
- Cyclopsetta (Gill 1889)
- Etropus (Jordan & Gilbert, 1882)
- Gastropsetta (Bean 1895)
- Hippoglossina (Steindachner, 1876)
- Paralichthys (Girard, 1858)
- Pseudorhombus (Bleeker, 1862)
- Syacium (Ranzani, 1842)
- Tarphops (Jordan & Thompson, 1914)
- Tephrinectes (Günther, 1862)
- Thysanopsetta (Günther, 1880)
- Xystreurys (Jordan & Gilbert, 1880)
Galería de imaxes
editar-
Ancylopsetta dilecta
-
Ancylopsetta dilecta
-
Citharichthys spilopterus
-
Citharichthys arctifrons
-
Cyclopsetta fimbriata
-
Etropus rimosus
-
Etropus microstomus
-
Syacium papillosum
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Paralichthyidae Regan, 1910 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- ↑ Berg, L.S., 1958. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paralictíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Paralictíidos |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Paralichthyidae en Encyclopedia of Life.
- Paralichthyidae en Barcodes of Life.
- Paralichthyidae no SIIT.
- Paralichthyidae en FishBase.
- Paralichthyidae no NCBI.