Carl Gustaf Thomson

entomólogo sueco

Carl Gustaf Thomson, nado o 13 de outubro de 1824 en Mellan-Grefvie, condado de Malmö, e finado o 20 de setembro de 1899 en Lund, foi un entomólogo sueco.

Infotaula de personaCarl Gustaf Thomson

Imaxe de Thompson na lápida do seu enterramento
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1824
Mellan-Grefvie, condado de Malmö
Morte20 de setembro de 1899
Lund, Suecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Norra 
Cargos
Profesor universitario, conservador de Museo
Datos persoais
País de nacionalidadesueca
EducaciónUniversidade de Lund
Actividade
Campo de traballoDipterology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo, entomólogo
EmpregadorUniversidade de Lund, Museo Entomolóxico de Lund
Membro de
Lingualatín, sueco
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaThomson Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Real Sociedade Fisiográfica de Lund

Traxectoria editar

Carl Gustaf Thomson estudou, desde 1843, na Universidade de Lund, licenciándose en 1850. En 1850 foi nomeado profesor asociado de zooloxía nesa Universidade. En 1862 foi conservador do departamento de entomoloxía do Museo Zoolóxico e, en 1864, foi tamén nomeado profesor de entomoloxía. En 1872 unha bolsa permitiulle viaxar por todo o continente europeo para realizar estudos científicos.

Ofrecéuselle o posto de director do Museo Entomolóxico de Berlín, pero rexeitou este posto.

Thomson foi elixido en 1861 membro da Sociedade Fisiográfica de Lund. Tamén foi membro honorario das Sociedades Entomolóxicas de París, Berlín, Bruxelas, Londres e San Petersburgo.

Falceu o 13 de outubro de 1824 en Lund, e está soterrado no cemiterio de Norra en Solna, municipio situado ao norte da cidade de Estocolmo.

Principais obras editar

Thomson foi o autor de Coleoptera Scandinaviae (dez volumes, 1859-68), Skandinaviens inseckta (1862), Scandinavia Hymenoptera (cinco volumes, 1871-79) e Opuscula Entomologica (22 volumes, 1869-97).

Tamén publicou, en 1858, descricións dos insectos, especialmente dos dípteros, recollidos na viaxe da fragata Eugenies, o primeiro buque sueco que circunnavegou o mundo.

Abreviatura editar

A abreviatura Thomson emprégase para recoñecer a Carl Gustaf Thomson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bengtsson, S. (1900): "C. G. Thomson". Entomologisk Tidskrift 21: 1-16.
  • Frängsmyr, Tore (1989): Science in Sweden. The Royal Swedish Academy of Sciences, 1739-1989. Science History Publications. ‎ ISBN 978-0-8813-5092-0.

Ligazóns externas editar