Citharichthys

xénero de peixes teleósteos

Citharichthys
Rango fósil: mioceno tardío - actualidade

Citharichthys sordidus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Citharichthys
Bleeker, 1862 [1]
Especies
  • Véxase o texto

Citharichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]

Apareceron no rexistro fósil no mioceno tardío.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico Citharichthys está formadoormado pola unión dos termos do grego antigo κιθάρα kithára, que significa "cítara", e ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes con forma de cítara".

Descrición editar

Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen ambos os ollos no lado esquerdo da cabeza. Son demersais, e a maioría das especies son mariñas, que habitan a profundidades relativamente baixas, pero o xénero tamén inclúe especies que se encontran en augas profundas (até polo menos os 2.000 m), e outras que entran en cursos de auga doce.[3]

A maior das especies do xénero é Citharichthys sordidus, do Pacífico, de cor parda clara salferido con manchas máis escuras, mesmo negras, e ás veces amarelas ou alaranxadas, que pode alcanzar os 41 cm de lonxitude.[3]

Distribución editar

As especies deste xénero son propias dos océanos que bañan as cosatas das Américas, cunha soa especie, C. stampflii, o rapapelos liso,[4] que vive na costa occidental africana.[3]

Especies editar

O xénero foi fundado en 1862 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]

Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes 24 especies:[1][3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Citharichthys Bleeker, 1862 no WoRMS.
  2. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 10-06-2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Citharichthys en FishBase.
  4. Lahuerta e Vázqueez (2000), p. 79.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha (eds.): Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar