Paralichthys

xénero de peixes teleósteos

Paralichthys

Paralichthys californicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Paralichthys
Girard, 1858
Especies
  • Véxase o texto

Paralichthys é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.[1]

O xénero comprende de 15 a 20 especies, segundo os autores, propias das costas atlánticas e pacíficas do continente americano e das asiáticas do Pacífico centrooriental,[2] moitas delas de interese pesqueiro.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito en 1858 polo zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.[1]

Etimoloxía editar

Paralichthys está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e "costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes que viven na beira do mar".

 
Paralichthys brasiliensis.
 
Paralichthys lethostigma.
 
Paralichthys orbignyanus.

Especies editar

Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes especies:[1][3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Paralichthys Girard, 1858 no WoRMS.
  2. Mapa de distribución Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life.
  3. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies do xénero Paralichthys en FishBase.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  5. Clasificado como Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) por varias autoridades, incluídas o WoRMS e a FishBase.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar