Paralichthys dentatus
Paralichthys dentatus Rapante de verán | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Paralichthys dentatus (Linnaeus, 1766) [1] |
Paralichthys dentatus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1] coñecida en galego como rapante de verán.[2]
É un peixe plano mariño que se encontra no océano Atlántico nororiental, na costa leste do Canadá e os Estados Unidos.
Taxonomía
editarA especie foi descrita por primeira vez en 1766 polo naturalista sueco Carolus Linnaeus, na 12ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Pleuronectes dentatus.
Por iso tamén se coñece polo sinónimo de Pleironectes dentatus Linnaeus, 1766.[1]
Características
editarÉ un peixe plano de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 94 cm de lonxitude, e un peso máximo rexistrado de 12 kg.[3]
Distribución
editarDistribúese pola costa leste do Canadá e os Estados Unidos, entre os 45° N e os 29° N,[4] desde o sur do golfo de Maine (e quizais desde as costas da Nova Escocia) até Carolina do Sur, e ocasionalmente até a Florida,[5] sendo especialmente abundante nas augas desde Massachusetts até Carolina do Norte.[3]
Hábitat e bioloxía
editarVive en fondos areosos e lamacentos de baías e estuarios desde finais da primavera a principios do outono; porén, os espécimes máis grandes permanecen máis lonxe da costa, a profundidades de 70 a 155 m ou máis. Tamén se encontra en marismas e praderías de fanerógamas mariñas con substratos limosos e, en ocasións, en cursos de auga doce.[6][7]
Lonxevidade
editarO exemplar máis vello capturado tiña 9 anos.[8]
Pesca e utilización
editarPesca
editarO rapante de verán péscase na zona pesqueira 21 (noroeste do Atlántico),[2] onde o apañan os arrastreiros. Os pescadores deportivos, debido ao seu parecido co seu parente Hippoglossina oblonga (o rapante de catro ollos),[2] co que comparte área de distribución, aparencia e hábitos alimentarios. Porén, pode distinguirse del, pola súa forma un pouco menos alongada e polos ollos "auténticos" proporcionalmente menores. A súa carne é branca e de sabor moi suave, semellante ao do rapante de catro ollos e a de Paralichthys lethostigma.
Usos
editarEste peixe consómese fresco ou conxelado. Pode cocerse ao vapor, fritirse, cocerse, asado ao forno e no microondas.[9] Expórtase en fresco ao Xapón, para sashimi.
Estado de conservación
editarNa actualidade (2015) a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), cualificou o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, aínda que é explotada comercialmente, aínda é abundantes en toda a súa área de distribución, e os índices de biomasa indican que as súas poboacións non están diminuíndo.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Paralichthys dentatus (Linnaeus, 1766) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
- ↑ 3,0 3,1 Robins, C. R. et al (1986).
- ↑ Paralichthys dentatus en FishBase.
- ↑ Bigelow, H. B. and Schroeder, W. C. (2002): Bigelow and Schroeder's Fishes of the Gulf of Maine. Washington, USA: Smithsonian Institution.
- ↑ 6,0 6,1 Paralichthys dentatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.1
- ↑ Able, K. W. and S. C. Kaiser (1994): Synthesis of summer flounder habitat parameters. NOAA Coastal Ocean Program Decision Analysis Ser. 1. NOAA Coastal Ocean Office, Silver Spring.
- ↑ Desfosse, J. C. (1995): "Movements and ecology of summer flounder, Paralichthys dentatus, tagged in the southern mid-Atlantic bight". Tese de doutoramento, College of William and Mary, Williamsburg, VA.
- ↑ Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Oxford: Fishing News Books, Osney Mead.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, Massachusetts, USA: Houghton Mifflin Company.
- Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): Atlantic fishes of Canada. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-5712-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Paralichthys dentatus en FishBase.
- Paralichthys dentatus Arquivado 15 de xuño de 2015 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life.