Hippoglossina
Hippoglossina | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hippoglossina oblonga | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Hippoglossina é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.[1]
O xénero comprende sete especies, segundo os autores, propias das costas do Pacífico de ambas as Américas.
Porén, unha única especie, H. oblonga, o rapante de catro ollos,[2] encóntrase ao longo da costa atlántica do Canadá e os Estados Unidos, e está clasificada por moitos autores no xénero Paralichthys, como Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).
Moitas das súas especies son de interese pesqueiro.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito en 1876 polo zoólogo austríaco Franz Steindachner.[1]
Etimoloxía
editarO nome Hippoglossina é un diminutivo feminino do latín científico do xénero Hippoglossus, que inclúe ao halibut (e a varios fletáns), que é un peixe similar, pero de moito maior tamaño.
Sinónimo
editarAdemais de polo nome Hippoglossina que lle deu Steindachner, o xénero coñécese polo sinónimo Lioglossina Gilbert, 1890.[1]
Especies
editarNa actualidade dentro do xénero Hippoglossina recoñécense as seguintes sete especies:[1][3]
- Hippoglossina bollmani C. H. Gilbert, 1890
- Hippoglossina macrops Steindachner, 1876
- Hippoglossina montemaris de Buen, 1961
- Hippoglossina mystacium Ginsburg, 1936
- Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) - (A miúdo situada no xénero Paralichthys).
- Hippoglossina stomata C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890
- Hippoglossina tetrophthalma (C. H. Gilbert, 1890)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Hippoglossina Steindachner, 1876 no WoRMS.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000, p. 80.
- ↑ Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies do xénero Hippoglossina en FishBase.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Hippoglossina no SIIT.
- Hippoglossina en ADW.
- Hippoglossina en Encyclopedia of Life.
- Hippoglossina no NCBI.