Abrir o menú principal

Pacto Kellogg-Briand

Sinatura do Pacto de París.

O Pacto Kellogg-Briand, tamén coñecido como Pacto de París, por conta da cidade onde foi asinado o 27 de agosto de 1928, foi un tratado internacional "estipulando a renuncia á guerra como un instrumento de política nacional". Fracasou no seu propósito, mais foi significativo no desenvolvemento posterior do dereito internacional. Recibeu o nome do Secretario de Estado dos Estados Unidos de América Frank B. Kellogg e do ministro francés de relacións exteriores Aristide Briand, que rachou o pacto.

AsinantesEditar

 
Verde escuro: asinantes orixinais
Verde: aderentes posteriores
Azul claro: territorios dos participantes
Azul escuro: mandatos da Liga das Nacións administrados por participantes.

Após negociacións, o pacto foi asinado en París no ministerio dos negocios estranxeiros francés por representantes de Australia, Bélxica, Canadá, Checoslovaquia, Francia, Alemaña, India británica, Estado Libre Irlandés, Italia, Xapón, Nova Zelandia, Polonia, Unión Surafricana, Reino Unido.[1][2] e os Estados Unidos. Estabeleceuse que entraría en vigor o 24 de xullo de 1929. Nesa data, as seguintes nacións participaban, ou xa se tiñan aderido en definitiva, ós termos do pacto: Afeganistán, Albania, Austria, Bulgaria, China, Cuba, Dinamarca, República Dominicana, Exipto, Estonia, Etiopía, Finlandia, Guatemala, Hungría, Islandia, Letonia, Liberia, Lituania, Países Baixos, Nicaragua, Noruega, Panamá, Perú, Portugal, Romanía, Unión Soviética, Reino dos serbios, croatas e eslovenos, Siam, España, Suecia e Turquía. Oito estados máis xuntáronse despois desa data (Persia, Grecia, Honduras, Chile, Luxemburgo, Danzig, Costa Rica e Venezuela.[3]) cun total de 54 asinantes. En 1971, Barbados declarou a adesión ó tratado.[4]

Nos Estados Unidos, o Senado aprobou por longa marxe o tratado, 85–1, tan só co voto contrario do republicano de Wisconsin John J. Blaine.[5]

NotasEditar

  1. What do they know (ed.). "Kellogg–Briand". 
  2. FCO (ed.). "Treaties record". Reino Unido. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2016. .
  3. Universidade Yale (ed.). "Kellogg-Briand Pact 1928". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2016. .
  4. [1]
  5. "John James Blaine". Dictionary of Wisconsin History. Consultado o 11 de novembro de 2008.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • BARROS PLATIAU, Ana Flávia Granja e; VIEIRA, Priscilla Brito Silva. A legalidade da intervenção preventiva e a Carta das Nações Unidas in "Rev. Bras. Polít. Int.", Brasília, v. 49, n. 1, 2006 . Dispoñíbel en: Scielo. Consultado o: 4 de agosto de 2008. DOI: 10.1590/S0034-73292006000100010