Oysterband (orixinalmente The Oyster Band) é unha banda británica de folk-rock e folk-punk formada en Canterbury en 1976.[1]

Festival Blackship, 2014
Oyster en Wickham

Traxectoria editar

Historia temperá editar

A banda formouse en paralelo á Fiddler's Dram baixo o nome de "Oyster Ceilidh Band" e tocou ao principio só como banda de baile. O nome Oyster provén da primeira asociación do grupo coa cidade costeira de Whitstable, Kent, coñecida pola calidade das súas ostras. O seu álbum debut foi Jack's Alive (1980) no selo discográfico Dingles. Os seguintes foron publicados no seu selo Pukka Music: English Rock 'n' Roll: The Early Years 1800–1850 e Lie Back and Think of England, seguido de Liberty Hall e 20 Golden Tie-Slackeners.

A aliñación da banda ía mudando neses álbums. A primeira formación era:

Chris Wood deixou a banda para ir ao Canadá e foi substituído no baixo por Ian Kearey. Posteriormente, Cathy Lesurf marchou para unirse á Albion Band de Ashley Hutchings, e Will Ward tamén marchou cando gravaron Lie Back and Think of England. Logo engadiron a Russell Lax á batería. O álbumStep Outside mesturou cancións escritas por eles mesmos, moitas veces con temática política, con reelaboración de estándares tradicionais como "Hal-an-Tow".

Historia máis recente editar

 
Oysterband, Cropredy Festival, Oxfordshire, 12 de agosto de 2004
 
Sam Sweeney e Hannah James na English Folk Dance and Song Society

Despois do lanzamento de Wide Blue Yonder en 1987 Kearey deixou a banda, substituído por Chopper (Ray Cooper). Os álbums posteriores incluíron Ride, Little Rock to Leipzig e a colaboración de June Tabor Freedom and Rain. O batería Lee Partis substituíu a Russell Lax en 1992. En 1993 o álbum Holy Bandits, cunha canción adicada ao Camiño de Santiago ("The Road to Santiago") impulsou a banda ao primeiro plano dunha escena folk-rock en expansión xunto con bandas como The Levellers.[2]

Nesa década a banda adoptou unha postura máis abertamente política, gravando The Shouting End of Life e colaborando con Chumbawamba para gravar "Farewell to the Crown", cara B do sinxelo Tubthumping. Pero os lanzamentos recentes Deep Dark Ocean, Here I Stand, Rise Above e Meet You There fixeron que a banda volvese a un son máis suave e melódico, e nas recentes xiras baixo o lema 'The Big Session' colaboraron músicos emerxentes como Dan Donnelly, The Handsome Family, e xente veterana como June Tabor. James O'Grady (Uilleann, violín, frauta e voz) apareceu regularmente nos álbums e xiras da Oysters nos últimos anos. Tamén participaron John Jones, James O'Grady e Ian Telfer na voz e instrumentación.

En 2007, o batería Lee Partis deixou a banda para concentrarse no seu traballo como psicoterapeuta, asesorando en prisións, entrando Dilwyn Davies como substituto.

Despois do concerto do 30 aniversario, en 2009, a banda tomou un ano sabático durante o que John Jones e Chopper fixeron álbums en solitario.

A banda volveu ao estudo en 2011, formando equipo unha vez máis con June Tabor e lanzando Ragged Kingdom en setembro nun concerto con entradas esgotadas no Queen Elizabeth Hall de Londres. Al Scott produciu o álbum, alén de tocar o baixo e guitarra. En 2012, June Tabor e Oysterband gañaron a Mellor Canción Tradicional, Mellor Álbum e Mellor Grupo nos Premios Folk da BBC Radio 2 por Ragged Kingdom.

Ray Cooper deixou a banda en 2013 para seguir unha carreira en solitario e Adrian Oxaal, anteriormente da banda de rock James, asumiu o relevo, e Pete Flood, antes de Bellowhead, substituíu a Davies na batería.

Aliñación actual editar

  • John Jones - melodeon, voz principal
  • Alan Prosser - guitarras, voz
  • Ian Telfer - violín, teclado, voz
  • Sean Randle - batería, percusión, voz
  • Al Scott : baixo, mandolina, voz
  • Adrián Oxaal – violonchelo, guitarra eléctrica, voz

Discografía editar

 
Heather Gessey, Tyde
 
Oyster en Wickham
 
A Oyster ao vivo
 
No 2014 en Alemaña

Álbums de estudio editar

Como Fiddler's Dram

  • To See the Play – 1978
  • Fiddler's Dram – 1980

Como Oyster Ceilidh Banda

  • Jack's Alive – 1980

Como Oyster Band

  • English Rock 'n' Roll: The Early Years 1800–1850 – 1982
  • Lie Back and Think of England – 1983
  • 20 Golden Tie-Slackeners – 1984
  • Liberty Hall – 1985
  • Step Outside – 1986
  • Wide Blue Yonder – 1987
  • Ride – 1989
  • Love Vigilantes – 1989
  • Freedom and Rain – 1990 (con June Tabor)

Como Oysterband

  • Deserters – 1992
  • Holy Bandits – 1993
  • Trawler – 1994
  • The Shouting End of Life – 1995
  • Deep Dark Ocean – 1997
  • Here I Stand – 1999
  • Rise Above – 2002
  • 25 – 2003
  • Meet You There – 2007
  • The Oxford Girl and Other Stories – 2008
  • Ragged Kingdom – 2011 (colaboración con June Tabor)
  • Diamonds on the Water – 2014

Ao vivo editar

  • Little Rock to Leipzig – 1990 (parte en directo)
  • Alive and Shouting – 1996
  • Alive and Acoustic – 1998
  • 25th Anniversary Concert – DVD – 2004
  • Northern Light – 2006
  • Fire and Fleet – 2019 (con June Tabor, parte en directo)

Álbums de recompilación editar

"The Road to Santiago" e "Bells Of Rhymney" da Oysterband foron incluídas no primeiro e no segundo álbum dobre recompilatorio Gaitas, violines y otras hierbas (DRO, 1992, 1993), no que participaron grupos galegos como Os Diplomáticos e Na Lúa, alén doutros grupos de éxito internacional como The Dubliners, Loreena McKennitt, The Pogues, Celtas Cortos, The Chieftains con Van Morrison, Clannad, Gwendal ou Alan Stivell.[3][4] Entre 1994 e 2016 participaron noutros álbums colectivos.

  • Gaitas, Violines y otras hierbas – 1992 (con "Bells of Rhymney")
  • Gaitas, Violines y otras hierbas – 1993 (con "The Road to Santiago")
  • The Rough Guide to World Music – 1994 (coa música "When I'm Up I Can't Get Down")
  • The Rough Guide to English Roots Music – 1998 (coa peza "Sail on By")
  • Pearls from the Oysters – 1998 (con Step Outside, Wide Blue Yonder, Ride e Little Rock to Leipzig)
  • Granite Years (The Best of Oysterband 1986–1997) – 2000, dobre álbum
  • This House Will Stand (The Best Of Oysterband 1998–2015) – 2016, dobre álbum con "The Work Of My Own Two Hands" máis versións alternativas.

Notas editar

  1. "Biography Oysterband (en inglés)". All Music. Consultado o 5-1-2022. 
  2. Colin, Larkin (1992). The Guinness encyclopedia of popular music. Guinness Publ. ISBN 0-85112-939-0. 
  3. "GVYOH 1". Discogs. Consultado o 4-1-2021. 
  4. "GVYOH". Discogs. Consultado o 4-1-2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar